O Piragüismo Penedo, equipo de Salceda de Caselas, consegue un meritorio cuarto posto no campionato de España de Slalom Olímpico celebrado na Seu de Urgell.
O pasado fin de semana tivo lugar na canle olímpica da Seu de Urgel o Campionato de España de Slalom Olímpico, a proba contaba con todos as grandes figuras do panorama nacional, que achegaban á proba un altísimo nivel.
Ademais esta competición tiña o aliciente de que era parte do selectivo co que a Federación Española confeccionará os distintos equipos nacionais que van participar nas próximas citas internacionais
A clasificación xeral de clubs deixou ao Piragüismo Penedo en cuarta posición con 770 puntos, o Tea de Mondariz sería sexto con 397 e o Dumbría oitavo con 260 puntos e o Deportivo Miño en noveno con 254 puntos. Mentres que as tres primeiras posicións ocupáronas o Club Cadí en primeiro lugar, o segundo posto levaríallo o Atlético San Sebastián, sendo terceiro o Santiagotarrak.
Con esta competición dáse por terminada a XIII Liga de Slalom Olímpico “Manuel Fonseca” 2018. Tres probas despois o Piragüismo Penedo ocupa a cuarta posición a tan só tres puntos do terceiro clasificado o Santiagotarrak, o primeiro posto é para o Club Cadi e o segundo para o Atlético San Sebastián.
Por outra banda a clasificación da II Liga feminina de Slalom Olímpico “Loterías e Apostas do Estado” déixanos ao Penedo co cuarto posto moi preto do podio. Unha vez máis a delegación galega tivo unha destacada participación e lograba cinco medallas, tres oro, unha de prata e unha de bronce.
As tres vitorias do fin de semana foron a parar as mans dos deportistas do Penedo Borja González en C1 Cadete, Ainhoa Lameiro en C1 xuvenil e Iago Varela en K1 Cadete. A medalla de prata conseguíaa Emilio Rodríguez do Deportivo Miño en K1 veterano, mentres que o bronce levoullo Jorge Quintáns do Piragüismo Dumbría en K1 xuvenil.
Ademais, disputáronse os títulos correspondentes na modalidade de patrullas, unha competición na que na que o Penedo conseguiu dous ouros en C1 e K1 cadete e a prata do Tea de Mondariz en K1 cadete
A falta de confirmación oficial os deportistas Luís Fernández, Brais Castro, Ainhoa Lameiro e Daniel Pérez atópanse clasificados para competir no campionato de Europa Junior e Sub 23 que se vai a celebrar do 16 ao 19 de agosto en Bratislava.



