Inicio Galicia A Coruña Convento do Carme de Padrón, unha boa mostra do neoclásico galego

Convento do Carme de Padrón, unha boa mostra do neoclásico galego

Convento do Carme de Padrón, é unha boa mostra do neoclásico galego. Edificouse sobre rocha viva a comezos do século XVIII grazas á achega económica de Alonso da Pena e Montenegro, padronés que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Situado no alto da Costiña do Carme que marabillosamente enlousada e sen asfalto por ningures, ascende ata o convento, primeiro dos Carmelitas Descalzos e despois pasou aos Dominicos a principios do século XX, abandonandoo na década dos oitenta debido o mal estado do edificio, quedando o seu cargo un só dominico, que é o que dí misa normalmente.

O convento do Carmen ben sendo unha boa mostra do neoclásico galego, convertido en espontáneo mirador sobre a vila.
Edifícase sobre rocha viva a comenzos do século XVIII, entre os anos 1732-1737, coa aportación económica do Arzobispo de Quito, Alonso de la Peña y Montenegro, padronés que chegou a ser rector da Universidade Compostelana e que donou cuarenta mil pesos para a súa fundación.

Na actualidade, pódese velo interior; un corpo de tres naves, claustro entre outras cousas. Grazas a subvencións públicas estanse facendo labores de restauración por parte de diversas escolas de oficios que teñen aquí o seu centro de aprendizaxe como carpintería, cantería ou cerraxería, dirixido e supervisado polo dominico.

A parte máis interesante é a súa fachada cun corpo central flanqueados por outros dous corpos que serían para unhas torres que nunca se chegarían a construir. O seu corpo central reproduce exactamente a disposición e organización da Encarnación, de Madrid, coa única diferencia de que as dúas xanelas, que no exemplo madrileño ábrense a cada lado da fornela sobre a entrada central, aquí están substituídas por dous escudos.

Fuente// Concello de Padrón e Patrimonio Galego

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies