Inicio Baixo Miño O Piragüismo Penedo termina en cuarta posición no campionato de España de...

O Piragüismo Penedo termina en cuarta posición no campionato de España de Slalom Olímpico

O Piragüismo Penedo termina en cuarta posición no campionato de España de Slalom OlímpicoO Piragüismo Penedo, equipo de Salceda de Caselas, consegue un meritorio cuarto posto no campionato de España de Slalom Olímpico celebrado na Seu de Urgell.

O pasado fin de semana tivo lugar na canle olímpica da Seu de Urgel o Campionato de España de Slalom Olímpico, a proba contaba con todos as grandes figuras do panorama nacional, que achegaban á proba un altísimo nivel.

Ademais esta competición tiña o aliciente de que era parte do selectivo co que a Federación Española confeccionará os distintos equipos nacionais que van participar nas próximas citas internacionais

A clasificación xeral de clubs deixou ao Piragüismo Penedo en cuarta posición con 770 puntos, o Tea de Mondariz sería sexto con 397 e o Dumbría oitavo con 260 puntos e o Deportivo Miño en noveno con 254 puntos. Mentres que as tres primeiras posicións ocupáronas o Club Cadí en primeiro lugar, o segundo posto levaríallo o Atlético San Sebastián, sendo terceiro o Santiagotarrak.

Con esta competición dáse por terminada a XIII Liga de Slalom Olímpico “Manuel Fonseca” 2018. Tres probas despois o Piragüismo Penedo ocupa a cuarta posición a tan só tres puntos do terceiro clasificado o Santiagotarrak, o primeiro posto é para o Club Cadi e o segundo para o Atlético San Sebastián.

Por outra banda a clasificación da II Liga feminina de Slalom Olímpico “Loterías e Apostas do Estado” déixanos ao Penedo co cuarto posto moi preto do podio. Unha vez máis a delegación galega tivo unha destacada participación e lograba cinco medallas, tres oro, unha de prata e unha de bronce.

As tres vitorias do fin de semana foron a parar as mans dos deportistas do Penedo Borja González en C1 Cadete, Ainhoa Lameiro en C1 xuvenil e Iago Varela en K1 Cadete. A medalla de prata conseguíaa Emilio Rodríguez do Deportivo Miño en K1 veterano, mentres que o bronce levoullo Jorge Quintáns do Piragüismo Dumbría en K1 xuvenil.

Ademais, disputáronse os títulos correspondentes na modalidade de patrullas, unha competición na que na que o Penedo conseguiu dous ouros en C1 e K1 cadete e a prata do Tea de Mondariz en K1 cadete

A falta de confirmación oficial os deportistas Luís Fernández, Brais Castro, Ainhoa Lameiro e Daniel Pérez atópanse clasificados para competir no campionato de Europa Junior e Sub 23 que se vai a celebrar do 16 ao 19 de agosto en Bratislava.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies