spot_img
InicioBaixo MiñoO Penedo Te Importa terceiro no Torneo de Porta de Hierro

O Penedo Te Importa terceiro no Torneo de Porta de Hierro

O equipo feminino do Club Piragüismo Penedo Te Importa alcanzou a terceira posición no 1º torneo da XXI Liga de Kaiak Polo 2019

O equipo feminino do Club Piragüismo Penedo Te Importa alcanzou a terceira posición no 1º torneo da XXI Liga de Kaiak Polo 2019, que se celebrou durante a pasada fin de semana na piscina do Parque Deportivo Porta de Hierro en Madrid.

O conxunto galego xogaba o partido polo terceiro e cuarto posto despois de caer en semifinais por un axustado 2 a 3 contra o equipo de Alaquás. Dúas horas despois enfrontábanse ao Club Madrileño Ciencias que venceron por un gol de diferenza despois dos minutos regulamentarios, terminando o partido cun 3 a 4 para o Penedo Te Importa.

Neste mesmo torneo participaba o equipo masculino do Club Náutico Rodeiro que ocupou o último lugar da clasificación xeral.

- Publicidade -spot_img