
O Concello de Gondomar organiza unha excursión aberta a todas as idades desde o día 29 ao 31 de marzo, visitando Simancas, un lugar estratéxico ás beiras do Pisuerga, percorrendo lugares máis emblemáticos da cidade de Valladolid e todos aqueles relacionados coa figura de don Diego Sarmiento De Acuña, Conde de Gondomar, para finalmente acabar o a cidade de Toro.
Como parte da viaxe visitarase unha das emblemáticas adegas para coñecer a historia monumental vinculada ao mundo do viño. O prezo da viaxe de 3 días, será de 219 € por persoa, incluíndo o autocar, hotel no centro de Valladolid en réxime de pensión completa, comida en ruta á ida e á volta, así como a degustación do tradicional lechazo nunha adega subterránea.
A viaxe contará sempre co servizo dun guía turístico, que acompañará aos viaxeiros nas distintas visitas programadas a Valladolid, que comezará coa recepción oficial do alcalde da cidade na Casa Consistorial, acompañados dos actuais Condes (Gonzalo Fernández de Cordoba e Mercedes Ordeig), para seguir con varias visitas guiadas ao redor da figura do Conde de Gondomar maioritariamente: visita ao Museo Nacional de Escultura (antigo Pazo Conde De Gondomar), a propia sepultura ou Cripta de Diego Sarmiento, Palacio do Sol, igrexa de San Benito, etc.
O obxecto desta viaxe non é só lúdico, senón tamén cultural, así como dar a coñecer e lembrar (máis se cabe) a Diego Sarmiento (Conde de Gondomar), á beira por Valladolid e Toro, onde exerceu cargos de relevancia como a de corrixidor e que tanto porto ao desenvolvemento cultural e político das devanditas cidades e onde se atopa sepulto. Segundo indica o rexedor gondomareño Paco Ferreira, “todos temos pendente a longo da historia un recoñecemento explícito con don Diego, Conde de Gondomar e embaixador de varios países europeos, escritor, historiador, politólogo, etc…, ata tal punto que a súa sepultura nin pode ser visitada”. “Esta viaxe será o xerme do que ten que ser o irmandamento entre as dúas Vilas (Valladolid e Gondomar), que contan cun denominador común, que non é outro que o noso Ilustre Conde”, aseverou o alcalde de Gondomar.
Os interesados poden facer o seu reserva entre o 5 e 15 de marzo no Departamento de Benestar Social no teléfono 986360168 ou persoalmente no Concello