spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPoioO Pazo de Besada convértese na nova sede de Servicios Sociasi, Mocidade...

O Pazo de Besada convértese na nova sede de Servicios Sociasi, Mocidade e CIM de Poio

O Pazo de Besada recupera todo o seu esplendor para albergar os Servizos Sociais de PoioIníciase unha nova etapa para un dos inmobles con maior historia do municipio de Poio.

Revista COUSAS DE Nº15

Este sábado celebrouse o acto inaugural do Pazo de Besada, construído hai máis dun século e que, logo dunha espectacular remodelación integral, pasará a albergar os departamentos de Servizos Sociais, Mocidade e do Centro de Información á Muller. Foi unha obra que o Concello proxectou a través da área de Urbanismo e Promoción Económica e financiada de xeito íntegro a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cun investimento que superou os 500.000 euros.

O alcalde, Luciano Sobral; o concelleiro de Promoción Económica e Urbanismo, o socialista Gregorio Agís, e a presidenta da máxima institución provincial, Carmela Silva, presidiron a inauguración, na que estiveron membros do Goberno local e da Corporación, así como persoal municipal. Logo dunha visita polas instalacións, a sala que se destinará a eventos e actividades, e que este domingo acollerá a modo de estrea a celebración de homenaxe ás parellas de Poio que cumpren 50 anos xuntas, foi onde o edil de Urbanismo, Gregorio Agís, non dubidou en definir a xornada como “un día histórico e de ledicia”, no que se consuma “un fito equiparable ao desbloqueo da situación da depuración de Raxó e Samieira ou a apertura ao público de Tambo. Para Agís, a importancia de poder recuperar “un referente histórico e patrimonial de Poio como a finca de Augusto González Besada, e poder convertelo nun punto de encontro para a mocidade e as persoas maiores, é un logro moi importante”.

O Pazo de Besada convértese na nova sede de Servicios Sociasi, Mocidade e CIM de Poio

Agís recordou que, logo do convenio urbanístico que posibilitou a cesión deste ben ao Concello, “fomos rehabilitando pouco a pouco as edificacións, desde a Casa dos Guardeses ata a biblioteca. Agora, culminamos o proceso rehabilitando e poñendo ao servizo da veciñanza o edificio principal, tal e como nos comprometemos desde o Goberno loca”, engadiou. As instalacións contarán con zonas de esparcemento para persoas maiores, oficinas, sala de actos ou aula de lectura e estudo, ademais de garantir a mobilidade universal e “ser un exemplo no que a eficiencia enerxética se refire”. Non quixo esquecerse tampouco Gregorio Agís de salientar “o impresionante traballo” desenvolto polo departamento de Servizos Sociais, dirixido por Rosa Fernández (PSOE), e todo o persoal, especialmente durante a pandemia.

Tamén se amosou moi emocionada Carmela Silva, que puxo esta actuación como exemplo de uso “de investimentos para que a xente dispoña de servizos e espazos de maior calidade”. A presidenta da Deputación ten claro que o Pazo de Besada “é un lugar único na provincia, situado nunha contorna natural cunha gran historia detrás. Un inmoble polo que pasaron grandes persoeiros e que agora vai centralizar as relacións interxeneracionais, ademais de acoller ao CIM de Poio, un dos máis potentes de toda Pontevedra. Sen dúbida, é unha gran obra feita co maior dos agarimos”, louvou.

Pechou o acto o alcalde, Luciano Sobral, que recoñeceu sentirse “moi orgulloso e emocionado por chegar este día”. Recordou o alcalde que cando o Concello aprobou o PXOM a principios do século XXI “precisamente xa contemplamos a recuperación de espazos naturais e edificacións históricas. No caso do Pazo de Besada, atopábase nun evidente estado de abandono e ruína, ao igual que a biblioteca e a Casa dos Caseiros. Pouco a pouco, con moito esforzo e traballo, fumos avanzando na súa recuperación, ata chegar a hoxe, no que poderemos gozar dunhas instalacións únicas. É, sen lugar a dúbidas, un soño feito realidade”, finalizou.

Sobral tamén agradeceu á Deputación de Pontevedra o feito de contar co Plan Concellos, unha ferramenta “que é igual para todos” e que garante investimentos para facer obras tan importantes coma esta.

- Publicidade -spot_img