spot_img
InicioAlto MinhoA Urban Trail Night Eurocidade 2022 record de participación con máis de...

A Urban Trail Night Eurocidade 2022 record de participación con máis de 400 atletas

A Urban Trail Night Eurocidade 2022 record de participación con máis de 400 atletasO portugués Rubén Veloso gaña a 8K, e o Pontevedrés, José Manuel Gil vencedores absolutos. Mentres que as hemanas Valiño, Aida e Esther, dominan as dúas carreiras femininas.

Revista COUSAS DE Nº15

Con media hora de atraso, polos innumerables atascos que houbo durante toda a xornada entre Tui e Valença do Minho, dábase a saída á VI Urban Trail Night Eurocidade. Por vez primeira, dúas distancias de 8 e 16 km, para os atletas con dorsal amarelo e morado, respectivamente.

A proba do 8 km foi rapidísima, dando a vitoria ao luso Rubén Veloso, experto corredor de trails, que nesta ocasión se dicidió pola distancia máis curta. O seu tempo de 32.16 foi inalcanzable para todos. Tras el, con 33.39 entraba o redondelano Anxo Otero, sendo o bronce para o compañeiro de club do gañador, Bruno Rodrigues cun rexistro de 34.04

En canto ás mulleres desta mesma distancia de 8 quilómetros, a flamante madriña da proba, Aida Valiño, lograba o primeiro posto, 40.56, quitándolle case 6 minutos de diferenza á segunda clasificada, Sofía Alonso, 46.20. Terceira praza, Susana González, 48.43 A lucense afincada desde hai anos en Tui, volvía así de forte á competición, tras ser nai por terceira vez hai tan só uns meses.

Se na “proba curta”, gañaba un debutante, na 16 K masculina, facíao un atleta que fora segundo xa en dúas ocasións. Jose Manuel Gil, fixo bo o refrán de que á terceira vai a vencida e alzábase co título, investindo 1.01.19 . Segundo foi Maxi Oubiña, o cambadés que leva xa cinco particións con numerosos podiums, ocupaba esta vez o segundo banzo, 1.03.33. Terceiro posto para o portugués Joel Pereira, 1.04.20.

Se no 8K non había unha favorita clara, na 16K, Esther Valiño estaba en todas as quinielas. E a irmá pequena, non fallou, 1.16.51. A pesar, como dicía ao finalizar a carreira de non ser “unha especialista neste terreo e non estar afeita correr de noite” Non chegou moi lonxe da lucense, Paula Rosales, que tamén fixo unha gran carreira para irse a 1.17.35. O podium pechábao Tania González, 1.24.29.

Todos os atletas destacaban a dureza do circuíto deste ano debido ás choivas destas semanas, con terreos irregulares e cheos de barro. Algúns dicían que fora a Urban Trail Night “máis dura” de todas as edicións.

Lembrar que por segundo ano consecutivo, ao coincidir coa semana da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Urban Trial Night, volveu ha visibilizar esta secuela que sofren as mulleres, regalando a todos os particiapantes unha camiseta de cor morada co logotipo desta Campaña

A entrega de premios, pasadas as 23.30 horas poñía punto e final á VI Urban Trail Night Eurocidade, co pensamento por parte da organización de novos percorridos para sorprender aos “vagalumes” de ambos os lados do Miño.

- Publicidade -spot_img