spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO paseo de madeira da praia de Priegue (Nigrán), completamente destrozado pola...

O paseo de madeira da praia de Priegue (Nigrán), completamente destrozado pola forte oleaxe

o-paseo-de-madeira-da-praia-de-priegue-nigran-completamente-destrozado-pola-forte-oleaxe

A plantilla ao completo de vías e obras traballou durante toda a mañá retirando árbores e sinais caídos ou liberando cunetas

A forte oleaxe arrastrou por completo esta noite co paseo de madeira da praia de Prado, na parroquia de Priegue. Ata o lugar se achegaron esta mañá o alcalde e técnicos municipais do Concello de Nigrán, que xa deron parte do destrozo á Dirección Xeral de Costas, que a súa vez desprazou inspectores para valorar os danos e, entre as dúas administracións, buscar unha solución de cara a tempada estival. O paseo, duns 20 metros, bordeaba o areal e daba aceso ao mesmo (igualmente, permanece intacto o aceso mediante unha ampla rampa de formigón ou tamén por escaleira).

A plantilla ao completo de Vías e Obras do Concello traballou durante toda a mañá retirando árbores caídos en diferentes estradas e camiños, fundamentalmente nas parroquias interiores de Camos e Parada (nesta última viuse abaixo un pequeno muro nun aceso a un camiño). Ademáis, dúas árbores obstaculizaban a zona de aparcamento de autobuses do IES Val Miñor, fora do recinto escolar. Os operarios tiveron que retirar múltiples sinais derribadas polo vento, contedores… Ademáis, desatascaron cunetas e regatos co fin de evitar inundacións ante a previsión de máis choiva.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.