spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño centra a II Semana da Educación nas estratexias para ensinar e...

Tomiño centra a II Semana da Educación nas estratexias para ensinar e aprender con intelixencia emocional

tomino-centra-a-ii-semana-da-educacion-nas-estratexias-para-ensinar-e-aprender-con-intelixencia-emocionalDurante catro días, destacados profesionais do mundo da psicopedagoxía, a investigación científica e a intelixencia emocional, analizarán o papel dos educadores fronte aos novos desafíos que plantexa o alumnado

O Concello de Tomiño organiza a II Semana da Educación, centrándoa na aprendizaxe de estratexias para ensinar e aprender con intelixencia emocional e lograr, deste xeito, menos fracaso escolar.

A actividade terá lugar entre o 13 e o 16 de febreiro no Auditorio de Goián en horario de tarde.

Mar Romera, presidenta da Asociación Pedagóxica Francesco Tonucci, será a encargada de inaugurar as conferencias. Mestra, psicopedagoga e especialista en intelixencia emocional, é autora do modelo “Educar con tres Cs: capacidades, competencias e corazón”, así coma diversos libros dedicados á escola, á infancia e á didáctica activa.

Antonio Lafuente García (Granada), investigador científico de Centro de Ciencias Humanas e Sociais (CSIC), sería o encargado de impartir a segunda conferencia, o martes 14 de febreiro. Abordaría o tema da pedagoxía da escoita e a importancia de desaprender conceptos e métodoloxías erróneas, facendo fincapé na democratización do coñecemento, software libre, etc.

Begoña Ibarrola (Bilbao), licenciada en Psicoloxía, terapeuta infantil, investigadora, escritora e docente, terá ao seu cargo a terceira conferencia, o mércores 15. Coautora dos Programas de Intelixencia Emocional “Sentir e Pensar”, dirixidos a Educación Primaria e Secundaria, e autora da integración curricular da Educación Emocional nos libros de texto, proporá transcender a visión puramente instrumental da educación, considerada habitualmente como vía para obter resultados e pasar exames.

Por último, Antonio Recio (responsable de proxectos de Coñecemento Libre e Innovación Social en Fundecyt-Pctex), que leva traballando varios anos en proxectos de desenvolvemento de Software Libre, será quen de pechar o ciclo de conferencias, comentando a experiencia “One laptop per child” (Un ordenador por neno/a), creado pola Universidade MIT de Estados Unidos, co fin de brindar a oportunidade de acceder a internet tamén aos escolares con poucos recursos.

Esta última charla terá lugar o xoves 16 de febreiro no auditorio goianés.

Sandra González, alcaldesade Tomiño e responsable de Educación no Concello, salienta o compromiso do goberno que preside, por contribuir a conseguir unha educación de calidade, non so no que se refire aos resultados académicos, senón e especialmente, na metodoloxía utilizada.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.