spot_img
InicioReportaxesO Parlamento Europeo sinala ao aceite de palma como unha das principais...

O Parlamento Europeo sinala ao aceite de palma como unha das principais causas de deforestación do planeta

O Parlamento Europeo aprobou onte un informe no que se explicita a relación existente entre as plantacións de palma aceitera e a severa deforestación que padecen os países nos que se cultiva.

O Parlamento Europeo aprobou onte en Bruxelas, con 640 votos a favor, 18 en contra e 28 abstencións, un informe que identifica o aceite de palma como unha das principais causas de deforestación, avogando pola súa eliminación dos biocarburantes para 2020. O documento insta á Unión Europea a tomar un papel máis activo na limitación destas prácticas, creando un plan de acción concreto, evitando calquera respaldo a prácticas prexudiciais e solicitando o apoio aos países en desenvolvemento para que poidan garantir a defensa dos seus hábitats naturais e as comunidades que as habitan.

Greenpeace leva anos denunciando a deforestación relacionada co cultivo de palma aceitera. Só Indonesia, un dos principais países produtores, perdeu xa unha superficie comparable a dúas veces a extensión de Alemaña. Nunha investigación de Greenpeace publicada en novembro de 2015, propuxemos ao sector privado do aceite de palma a elaboración dun plan de prevención de incendios que incluía a restauración e protección das turberas ricas en carbono e o cesamento inmediato da deforestación. En apoio destas demandas, máis de 250.000 cidadáns de todo o mundo pediron ao presidente de Indonesia que non seguise permitindo que as industrias papeleira e do aceite de palma continuasen queimando os bosques.

comillasCada europeo consome unha media dun 60kg/ano de aceite de palma e España é o terceiro país europeo en consumo.

Cada europeo consome unha media dun 60kg/ano de aceite de palma e España é o terceiro país europeo en consumo. Cabe lembrar que, detrás da súa demanda internacional, están grandes e coñecidas marcas do mundo da alimentación (desde sopas a chocolates, pasando por bolería e conservas), a cosmética (champús, xabóns, deterxentes) ou algúns mal chamados biocarburantes.

Desde a década pasada, Greenpeace sinalou publicamente as prácticas de empresas como Procter & Gamble, Nestlé ou Unilever por non garantir a orixe sustentable do aceite de palma para a elaboración dos seus produtos. Nalgúns casos, estas empresas adoptaron políticas de deforestación cero que excluíron da súa cadea de subministración ás empresas que destrúen a selva.

- Publicidade -spot_img