spot_img
InicioBaixo MiñoI Concurso de Fotografía "Tomiño nun click"

I Concurso de Fotografía “Tomiño nun click”

i-concurso-de-fotografia-tomino-nun-clickA concellería de Turismo e Mocidade, co apoio do Obradoiro de Emprego, convoca este concurso, cuxo prazo de recepción de traballos, será do 1 ao 28 de abril

Co obxectivo de reflectir os principais valores e recursos naturais de Tomiño, o seu patrimonio cultural e ofrecer novas olladas sobre os recunchos con encanto, nace o concurso de fotografía “Tomiño nun click”.

O certame premiará as mellores imaxes que amosen a riqueza natural e cultural do municipio, e os traballos presentados poderán chegar a formar parte dunha exposición fotográfica.

A Concellalía de Turismo e Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, convoca este concurso, cuxo prazo de recepción de traballos, será do 1 ao 28 de abril.

No marco do proxecto do Obradoiro de Emprego “Dinamización Turística do Concello de Tomiño”, programouse o deseño e desenvolvemento deste primeiro concurso de fotografía turística.

O alumnado do obradoiro, das dúas especialidades que se imparten (Turismo e Deseño páxinas web), elaborou as bases, cartaces, páxina web e demais elementos gráficos do concurso, e seguirá a traballar nas actividades e difusión do evento ata a súa resolución.

Dada a importancia que a internet e as redes sociais teñen na actualidade, o concurso “Tomiño nun Click” terá tamén reflexo en Facebook e Instagram.

As bases do concurso poden consultarse na web www.tomino.gal/obradoiro/fotografia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.