spot_img
InicioBaixo MiñoNenos e nenas da Escola Infantil Municipal da Guarda plantaron árbores xunto...

Nenos e nenas da Escola Infantil Municipal da Guarda plantaron árbores xunto ao Castelo de Santa Cruz

nenos-e-nenas-da-escola-infantil-municipal-da-guarda-plantaron-arbores-xunto-ao-castelo-de-santa-cruz

Aproveitando o bo tempo que nos está a acompañar esta semana, os nenos e nenas da clase de 2 a 3 anos da Gardería da Guarda acudiron este martes 4 de abril ao Castelo de Santa Cruz a plantar diversas árbores nas zonas verdes do recinto amurallado.

Esta iniciativa encádrase dentro das actividades que a Escola Infantil Municipal da Guarda realiza como parte do programa de educación medioambiental ‘Voz Natura’. Nesta xornada, organizada en colaboración co Concello da Guarda, os nenos e nenas desfrutaron plantando árbores como castiñeiros e camelios na contorna do Castelo, unha actividade para a que ían adecuadamente preparados e con moitas ganas de traballar.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez non quixeron faltar a unha xornada na que os cativos desfrutaron da natureza e dunha actividade que promove un tipo de lecer saudable e ao aire libre nun espazo destacado da súa vila.

Con iniciativas como esta os rapaces e as rapazas achéganse, a través do entretemento e a diversión, á natureza e aprenden valores como a importancia do coidado do medio ambiente. Ao rematar a plantación os exhaustos pero satisfeitos nenos e nenas recibiron un máis que merecido diploma de mans do alcalde, en agradecemento polo esforzo e ilusión amosados.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.