spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Cruceiro de San Telmo, un dos símbolos do Val Miñor, luce...

O Cruceiro de San Telmo, un dos símbolos do Val Miñor, luce de novo sobre a ponte da Ramallosa

o-cruceiro-de-san-telmo-un-dos-simbolos-do-val-minor-luce-de-novo-sobre-a-popnte-da-ramallosaO Cruceiro de San Telmo luce de novo sobre a ponte da Ramallosa unha vez restaurado e recuperado polos concellos de Baiona e Nigrán. Este martes, a empresa contratada para a levar a cabo os traballos procedeu a súa instalación no seu lugar orixinal.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a 1ª tenente de alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, asistiron a colocación da cruz despois de ser restaurada no taller da empresa BIC Materiales y Conservación S.L., que tamén procedeu a limpeza do pavimento e a retirada das pintadas.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia deu o pasado mes de febreiro luz verde ao proxecto para a restauración do cruceiro, polo que técnicos da empresa BIC Materiales y Conservación S.L. recolleron os brazos do cruceiro depositados nos concellos de Baiona e Nigrán, así como o brazo que permanecía na súa situación orixinal para reconstruír a peza e colocala de novo no seu lugar.o-cruceiro-de-san-telmo-un-dos-simbolos-do-val-minor-luce-de-novo-sobre-a-popnte-da-ramallosa

“O cruceiro e a ponte románica de A Ramallosa é unha das grandes xoias do patrimonio cultural do Val Miñor, por iso hoxe é un día importante. Agardamos que non volva a sufrir ningún ataque intencionado, pola nosa banda dende os Concellos tomaremos todas as medidas ao noso alcance para evitalo”, sinalou Raquel Giráldez

Rodal, pola súa banda, insistiu na necesidade de protexer o patrimonio. “É un valor vital do patrimonio cultural do Val Miñor, unha ponte de unión co paso de moitísimos peregrinos que valoran moi positivamente a paisaxe e a conservación e posta en valor desta xoia ao seu paso a Santiago, polo que é deber de todos impedir que sufra ataques vandálicos”, apuntou o rexedor baionés.

A restauración tivo un custe de 3.500 euros que asumirán os concellos de Baiona e Nigrán e inclúe tamén a limpeza do pavimento da ponte románica como das pintadas.

Patrón dos navegantes

o-cruceiro-de-san-telmo-un-dos-simbolos-do-val-minor-luce-de-novo-sobre-a-popnte-da-ramallosaSan Telmo, patrón dos navegantes, foi o promotor da reconstrución da ponte entre os anos 1232 e 1235. A lenda atribúe ao santo un feito milagroso citado por Vítor Vaqueiro na “Guía da Galiza Máxica” (Galaxia, 1998):“A lenda refire que, estando predicando un día o santo naqueles lugares perante unha grande multitude, unha forte treboada comezou. A xente, arrepiada, dispúxose a fuxir. Telmo conseguiu, sen embargo, partir a grande masa de nubes en dúas metades, que descarregaron a auga ás dúas beiras de onde se achaba o xentío, quedando este, na zona intermedia, sen ser afectado pola chuvia”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.