Inicio Val Miñor Nigrán O Pabellón de Deportes de Panxón acollerá a terceira edición do torneo...

O Pabellón de Deportes de Panxón acollerá a terceira edición do torneo interescolar Colebasket que organiza o CB Nigrán

O Pabellón de Deportes de Panxón acollerá a terceira edición do torneo interescolar Colebasket que organiza o CB NigránO Club Baloncesto Nigrán organiza xa a terceira edición do Colebasket, o torneo interescolar de baloncesto no que participan nenos e nenas dos diferentes colexios do municipio.

A cita terá lugar o sábado día 8 de xuño e levará a cabo no Pavillón Municipal de Panxón, onde se habilitarán tres pistas para o desenvolvemento do evento.

Desde a dirección deportiva do C.B. Nigrán levan xa tempo traballando coas direccións dos centros educativos así como cos profesores especialistas de educación física para que dinamicen as inscricións e poidan así participar no torneo. Así, nenos e nenas en idade escolar dos centros educativos Carlos Casares, Cruz Camos, Humberto Juanes, Mallón e Arquitecto Palacios, a totalidade dos colexios de Nigrán, poderán participar neste torneo.

A inscrición está aberta a todos os alumnos independentemente de que xoguen ou non ao baloncesto. Os responsables de arbitrar os diferentes encontros serán os xogadores das categorías superiores do C.B. Nigrán.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies