spot_img
InicioO SalnésO Naútico O Muiño leva a victoria en Pontesampaio

O Naútico O Muiño leva a victoria en Pontesampaio

O Naútico O Muiño leva a victoria en PontesampaioA liga Deputación de Pontevedra 2023 deu inicio onte cunha emocionante competición na praia fluvial de Pontesampaio. Máis de 350 deportistas de 22 equipos da provincia competiron nas categorías Alevín, Benjamín e Prebenjamín sobre unha distancia de 1500 metros.

Revista COUSAS DE Nº17

O Club Náutico O Muiño levou a clasificación xeral por equipos ao sumar un total de 6687 puntos, seguido do Club Confraría de Pescadores Portonovo con 6621 puntos e o Club Piragüismo Río Verdugo con 5954 puntos.

Os homes Prebenjamín serían os primeiros en ter contacto coa auga, Iago Vaz do E.P. Ciudad de Pontevedra ocupou a primeira posición seguido por Breogán da Igrexa do Piragüismo Ría Verdugo e Leo Padín do C.P. Portonovo. Na categoría feminina, a vencedora foi Carmen Pérez do O Muiño, seguida por Ana Veiga do Piragüismo Olívico e Daniela Paheco de As Torres.

A regata continuaba coa participación das mulleres da categoría Benjamín A feminina, Raquel Carballo do Kayak Tudense levou a medalla de ouro, mentres que Enma Perales e Carolina Rozas do Piragüismo Olívico ocuparon a segunda e terceira posición respectivamente. Na categoría Benjamín B feminina, Amelia Cobo de E.P. Ciudad de Pontevedra gañou a proba, seguida por Carla Pazos do E.P. Ciudad de Pontevedra e Noa Besada do C.P. Portonovo.

A carreira dos homes Benjamín A finalizaba con Mateo Pérez do Piragüismo Verducido no primeiro posto, seguido por Enzo Rodríguez do C.P. Portonovo e Tiago Reguera do CDM Ría de Aldán. Na categoría Benjamín B masculina, Adrián Pérez do E.P. Ciudad de Pontevedra, Samuel Alonso do Piragüismo Olívico e Hugo García do Piragüismo Olívico completaron o podio.

Na categoría Alevín B feminina, Aitana Casal do Piragüismo Verducido cruzou a liña de meta en primeiro lugar seguida por Beira Bernárdez do Piragüismo Verducido e Lucía Piña do Kayak Tudense. Na categoría Alevín B masculina, Samuel Diogo do Piragüismo Olívico, Lucas Caride e Nahuel Vozza do Náutico O Muiño ocuparon as tres primeiras posicións.

A competición finalizou coas probas da categoría Alevín A. Claudia Lamas do Piragüismo Verducido, Lucía Gómez do Piragüismo Río Verdugo e Sofía Carrera do Kaiak Vigo ocuparon as tres primeiras posicións do podio feminino. Na categoría masculina, Martín Estévez do Piragüismo Verducido ocupou a primeira posición, mentres que Nacho de la Torre do Piragüismo Olívico e Lucas Novo do Náutico Pontecesures levaron a segunda e terceira posición do podio.

- Publicidade -spot_img