spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Museo "Quiñones de Léon" de Vigo acollerá durante un ano a...

O Museo “Quiñones de Léon” de Vigo acollerá durante un ano a exposición “Divino Profano. Cultos, imaxes e significados”

o-museo-quinones-de-leon-de-vigo-acollera-durante-un-ano-a-exposicion-divino-profano-cultos-imaxes-e-significados

Este vindeiro martes 17 de xaneiro, ás 12:00 h, terá lugar no Museo “Quiñones de Léon” de Castrelos a inauguración da exposición “Divino Profano. Cultos, imaxes e significados”, promovida pola Concellería de Cultura.

 

O obxectivo da mostra é amosar como a arte pretende transmitir sentimentos, ideas e, sobre todo, valores ao espectador, e é capaz, nesa función comunicativa, de suscitar respostas emotivas.

Dende os comezos da creación artística, a arte reflicte un modo de entender o mundo que nos rodea, adquirindo a súa vez un compoñente estético, unha función social ou soamente ornamental. Tanto nos seus aspectos estéticos ou ornamentais, a arte ten unha función comunicativa inherente; transmite mensaxes que lle son coñecidos a quen a contempla, independentemente do espazo e do tempo.

 

Esta exposición presentan unha serie de imaxes que naceron pola existencia dun culto que as motivou e, ao mesmo tempo, orixinaron unha devoción en quen as contemplou. Diferénciase nestes cultos, os divinos e profanos, e como se conxugan en moitos casos nunha mesma obra de arte.

 

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 14 de xaneiro de 2018.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.