Inicio Galicia AQA Ourense Universitaria abre as súas novas instalacións co obxectivo de ser...

AQA Ourense Universitaria abre as súas novas instalacións co obxectivo de ser un referente para a práctica deportiva na cidade

Despois de arredor de case un ano de obras, AQA Ourense Universitaria vén de rematar a ampliación das súas instalacións no campus de Ourense, que foron inauguradas este xoves. Coincidindo co seu oitavo aniversario, o centro preséntase ante os seus máis de 2000 usuarios e usuarias, tanto membros da comunidade universitaria como cidadáns en xeral, con novos espazos e equipamentos cos que aspira a ser non só un referente na cidade no eido da práctica deportiva en auga senón tamén do exercicio físico en xeral.

Tralo percorrido polas novas instalacións, Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, salientou como a actuación acometida “é unha mellora importante das infraestruturas do centro e unha ampliación que vén a incrementar o patrimonio da Universidade de Vigo a custe cero para nós, xa que os custes os asumiu a empresa concesionaria”. Hai, apuntou, unha modernización dos servizos que redundará en beneficio da comunidade universitaria que emprega estas instalacións e das persoas de fóra dela que escollen vir facer deporte ao campus de Ourense.

Moito máis que unha piscina

Segundo explicou Ricardo Varela, director de AQA Ourense Universitaria, nas obras realizadas no último ano levouse a cabo unha ampliación das instalacións e unha redistribución dos espazos xa existentes, ademais da conseguinte dotación de equipamento. A obra nova permitiu a creación dunha sala de fitness e cardiovascular de 700 metros cadrados e dunha sala de actividades de 150 metros cadrados. A redistribución dos espazos permitiu a creación de 100 metros cadrados de vestiarios e dunha nova sala de bicicleta. “Con estas novas instalacións quixemos atender as demandas dos nosos usuarios, que nos pedían máis espazo, equipamento e actividades. Agora xa non hai escusas para facer máis deporte”, comentou o director do centro.

Marcos Fernández, director xeral de Gaia Gestión Deportiva, propietaria de AQA Ourense Universitaria, salientou na visita ás novas instalacións como “fixemos unha ampliación de espazos e unha adaptación de servizos pensada para os nosos clientes”. Antes da ampliación, apuntou, o centro “era moi bo a nivel de auga” grazas á piscina universitaria pero estaba “moi limitado” en canto a espazos e equipamento para outras prácticas deportivas. As obras acometidas, indicou, converten “a este centro nun referente en Ourense” xa que, dixo, “conta co equipamento máis novo do mercado, atendendo ás tendencias en tecnoloxía, innovación e conectividade co cliente”. Equipamento e espazos, resumiu, permitirán “ofrecer un servizo mellor” ás persoas abonadas e ás que fan un uso puntual das instalacións con actividades e cursos. Indicando como o centro está aberto non só aos membros da comunidade universitaria, que teñen desconto, senón tamén á cidadanía en xeral, Marcos Fernández subliñou por último a competitividade destas instalacións en relación calidade-prezo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies