spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaAs bibliotecas de Redondela celebraron o Día do Usuario

As bibliotecas de Redondela celebraron o Día do Usuario

as-bibliotecas-de-redondela-celebraron-o-dia-do-usuario
As bibliotecas deron a coñecer o resultado da elección do “Libro do Ano” por parte dos seus usuarios, así como o nome dos agraciados no sorteo do mesmo.
As bibliotecas de Redondela, xunto co resto de bibliotecas da comunidade galega, celebraron este mércores, 11 de xaneiro, o Día do Usuario, data que abre o Calendario do Libro e da Lectura 2017 na nosa comunidade.
 
En concreto, as bibliotecas deste municipio conmemoraron a data facendo público o resultado da votación anual pola que os seus usuarios escollen os seus libros preferidos dos editados no pasado ano.
 
“Todo esto te daré” de Dolores Redondo, último Premio Planeta, e “El libro de los Baltimore” de Joël Dicker, foron os máis votados nas bibliotecas de Redondela e Chapela, respectivamente. Mentres que a serie de Futbolísimos e “Los gemelos Tapper arrasan la ciudad”, despuntaron entre os lectores infantís das mesmas.
Como todos os anos, fíxose un sorteo dos títulos gañadores entre todos os que participaron na votación.
Estos foron os agraciados desta edición do “Libro do ano” das bibliotecas de Redondela:
 
Entre os lectores adultos: María Soriano e Olga Varela
Entre os lectores infantís: Helena Romero e Adriana Alonso
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.