spot_img
InicioPontevedra e ÁreaBaiona conta xa con catro veciñas centenarias

Baiona conta xa con catro veciñas centenarias

Julia Martínez Conde celebra en Sabarís o seu 103 aniversario

Carmen, Julia, Emilia e Dionisia. As catro son veciñas de Baiona e as catro teñen máis de 100 anos, sen dúbida a mellor proba da calidade de vida do municipio. Unha delas, Julia Martínez Conde, celebrou este martes o seu 103 aniversario.

Rodeada de familiares, amigos e veciños que a coidan e seguen pendentes dela para que non lle falte de nada, Julia segue perfectamente lúcida e goza dunha saúde envexable que fai que non sen prive dunha copita de champán ou dun pedazo de tarta na súa celebración. “Hoxe ata me pintei os labios e as uñas”, afirma a homenaxeada en proba de que a súa idade mantén intacta a súa coquetería.

Invitados pola familia, ao aniversario acudiron o alcalde, Ángel Rodal, e á concelleira de Benestar Social, Carmen Paredes. “Non quixemos perder esta cita tan entrañable para ela e que levaba días esperando para celebrar, proba da ilusión por poñerlle vida aos anos”, afirmou a concelleira.

Ademais de Julia, agora mesmo no municipio superan o centenar de anos outras tres mulleres. Carmen, de Ponte Baredo, que cumplirá 104 anos en novembro; Dionisia, de A Percibilleira, que o próximo 5 de febreiro cumprirá 101 anos; e Emilia, de Belesar, que tamén o próximo mes chegará os 101.

“É un honor para Baiona ser un dos municipios de maior lonxevidade, proba de que vivimos nun entorno privilexiado, que complementado coa boa xenética e os mellores coidados , fai que os nosos maiores pasen de centenarios”, engade Carmen Paredes.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.