spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Museo do Mar de Vigo acolle desde hoxe a exposición en...

O Museo do Mar de Vigo acolle desde hoxe a exposición en homenaxe a Antonio Palacios

O Museo do Mar de Vigo acolle desde hoxe a exposición en homenaxe a Antonio Palacios A mostra reúne máis de 200 pezas, entre as que figuran unha réplica da maqueta do Gran Vigo, elaborada por alumnado do IES Politécnico da cidade

Comisariada polo catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago (USC), Jesús Sánchez García, a mostra reúne máis de 200 pezas, algunhas nunca antes expostas. Entre elas a réplica da maqueta do Plan Palacios para Vigo, elaborada ex profeso por alumnado do IES Politécnico desta cidade.

Percorrido en tres ámbitos

A través de tres ámbitos, Arquitecturas para a modernidade, Os apoios na tradición e na historia e A construción dunha identidade, o público poderá achegarse tanto á produción arquitectónica como ás inquedanzas artísticas e ás iniciativas culturais de Antonio Palacios na súa traxectoria vital entre Galicia e Madrid.

Vigo será escenario da gala dos Premios da Cultura Galega, que este ano renderán homenaxe á movida
Teatro García Barbón / Abanca

 

A mostra poderá visitarse ata xaneiro de 2022 de martes a venres de 10,00 horas a 14,00 horas e de 16,00 horas a 19,00 horas. Os sábados, domingos e festivos, poderá visitarse de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,00 horas.

Nas distintas seccións amósanse planos de proxectos, así como imaxes das principais obras en Galicia e Madrid tomadas polo fotógrafo Ricardo Grobas, vellas fotografías do arquitecto e das súas amizades, prensa histórica para documentar a acollida das súas propostas e diferentes iniciativas culturais, e tamén pezas orixinais relacionadas cos seus deseños para a decoración interior dos edificios. Hai, ademais, numerosas maquetas que amosan diferentes edificios como o Teatro García Barbón de Vigo, o Círculo de Bellas Artes e o Templo do Mar de Panxón, entre outras. A mostra inclúe tamén algunhas pezas audiovisuais nas que se reúnen fragmentos de vellas películas nas que asoman os seus edificios, facilitadas pola Filmoteca de Galicia. A mostra poderá visitarse ata xaneiro de 2022 de martes a venres de 10,00 horas a 14,00 horas e de 16,00 horas a 19,00 horas. Os sábados, domingos e festivos, poderá visitarse de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,00 horas.

Antonio Palacios

Recoñecido por diferentes estudosos como a figura de maior interese na arquitectura española dos primeiros anos do S.XX, Antonio Palacios naceu no Porriño en 1874 e morreu en Madrid en 1945. Estudou arquitectura en Madrid, cidade na que levou a cabo un dos seus primeiros proxectos tras gañar, xunto ao seu compañeiro de carreira Joaquín Otamendi, o primeiro premio no concurso para construír o Palacio de Comunicacións de Madrid, en Cibeles.

O Museo do Mar de Vigo acolle desde hoxe a exposición en homenaxe a Antonio Palacios

Na súa ampla carreira profesional levou a cabo numerosos proxectos tamén en Galicia, incluíndo varios para reformas urbanas e plans de ensanche e modernización, como os preparados para Vigo e Vilagarcía de Arousa nos anos 20, entre outros.

- Publicidade -spot_img