spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA bisbarra do Condado Paradanta contra a violencia de xénero

A bisbarra do Condado Paradanta contra a violencia de xénero

A bisbarra do Condado Paradanta contra a violencia de xéneroO rural mobilízase para esixir o fin da violencia machista cunha gran andaina popular que percorreu toda Galicia

A andaina é o acto central de “O rural contra a violencia de xénero”, o plan de actividades de sensibilización coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, nel tamén participa a Axencia de Turismo de Galicia no marco do acordo da Xunta para implementar as medidas propostas polo Pacto de Estado en materia de violencia de xénero

Todos estes actos realízanse grazas a Secretaría de Igualdade e a Axencia de Desenvolvemento Rural de Galicia (AGADER), dependente da Conselleria de Medio Rural, responsable de coordinar os 24 GDR, e inscríbese no acordo do Goberno galego para desenvolver as medidas propostas polo Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

A Andaina organizada polo GDR Condado Paradanta tiña a súa saída e chegada desde as pistas deportivas do concello de Mondariz – Balneario,  percorrendo un tramo da senda do río Tea.

O acto finalizou ás 13.30 h. coa lectura dun manifesto conxunto

Nas catro provincias

A implicación de todos os GDR foi fundamental para poñer en marcha a iniciativa. Así, na Coruña participaron os GDR Costa da Morte, Deloa, Mariñas Betanzos, Seitura 22, Terras de Compostela, Ordes Ulla e Tambre Mandeo; en Lugo, Comarca de Lugo, Miño Ulla, Montes e Vales Orientais, Terra Chá, Terras de Miranda e Ribeira Sacra-Courel; mentres que en Ourense son os GDR A Limia Arnoia, Carballiño-Ribeiro, Comarca de Ourense ( ADERCOU), Monteval, Sil- Bibei- Navea e Valdeorras e en Pontevedra, Salnés Ulla-Umia, Condado Paradanta, Eu Rural, Pontevedra-Norte e Pontevedra-Morrazo.

O proxecto “O rural contra a violencia de xénero” contempla máis de medio cento de actividades deica o 25 de novembro nos ámbitos de actuación dos 24 GDR galegos, sendo a principal esta marcha simultánea contra o machismo

“O rural contra a violencia de xénero” inclúe un amplo programa de actividades nos máis de 300 municipios que forman parte dos GDR. Exposicións, concursos de debuxo e fotografía, concertos, documentais con testemuños de mulleres, charlas en colexios, teatro ou puntos de atención para vítimas de violencia de xénero son algunhas das accións deseñadas polos GDR e que se organizan desde o pasado 8 de novembro e ata o próximo 25 de novembro, Día Internacional dá Violencia contra a Muller.

- Publicidade -spot_img