spot_img
InicioBaixo MiñoO Museo do Mar da Guarda reabre as súas portas

O Museo do Mar da Guarda reabre as súas portas

o-museo-do-mar-da-guarda-reabre-as-suas-portas

Despois de  permanecer pechado durante os pasados meses de inverno por razóns de mantemento, esta semana o Museo do Mar da Guarda volve a abrir as súas portas aos visitantes, coincidindo co final da estación e co comezo da primavera.

O horario no que os veciños, veciñas e turistas poderán acceder ao museo será de 11 a 14 horas pola mañá e de 16 a 19 horas na quenda da tarde tanto os sábados, domingos e festivos. O acceso ao museo ten un prezo de 1€, pero as visitas son de balde o primeiro sábado de cada mes.

Dende o Concello da Guarda anímase aos veciños e visitantes a coñecer e redescubrir este museo situado nunha contorna tan especial e que forma parte da Rede de Museos da localidade, que completa o Museo Arqueolóxico de Santa Trega e o Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Castelo de Santa Cruz.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.