spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO mundo do xoguete chega ó Museo de Pontevedra da man dunha...

O mundo do xoguete chega ó Museo de Pontevedra da man dunha das mellores e máis completas coleccións de España

O mundo do xoguete chega ó Museo de Pontevedra da man dunha das mellores e máis completas coleccións de EspañaA mostra O xoguete español.Un século de historia abrirá as súas portas no Edificio Sarmiento o vindeiro 12 de decembro

O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra converterase a partir do venres, 12 de decembro, no gran escaparate do xoguete español, desde 1880 ata os nosos días. Farao coa mostra O Xoguete español. Un século de historia, no que se poderán ver os máis significativos xogos e xoguetes utilizados en España desde o século XIX.

Nela, o visitante non só poderá coñecer á evolución dos elementos de entretemento dos nenos e nenas ao longo do tempo, senón que tamén permitirá un achegamento a unha parte da historia contemporánea de España, dado que o mundo do xogo está estreitamente vinculado aos cambios sociais, económicos, técnicos, culturais e incluso políticos das diferentes fases históricas.

Así, os coches de xoguete adoitan reproducir modelos reais de cada época; os dioramas representan os principais recintos sociais, construcións, establecementos do momento; do mesmo xeito que os bonecos e bonecas transmiten modelos de comportamento, vestimenta ou oficios.

Colección Quiroga-Montes

A nova mostra segue a estela da inaugurada o 11 de abril deste ano para conmemorar os 130 anos da chegada do ferrocarril a Pontevedra que, baixo o Historia do tren de xoguete español, achegou aos pontevedreses e visitantes os máis diversos xoguetes vinculadas ao mundo ferroviario desde 1880 a 1980.

Ao igual que esta mostra, a que agora se inaugura procede tamén da colección privada Quiroga-Monte, recoñecida como unha das máis amplas e de mellor calidade de cantas existen en España.

Conta con máis de 1.500 pezas, das cales unha moi boa representación se poderá contemplar no Edificio Sarmiento.

Así, a mostra incluirá vehículos de xoguete que reproducen os modelos de cada época, (coches e camións, trens, barcos, avións, dirixibles, hidroavións, helicópteros, vehículos espaciais), cociñas que reproducían con fidelidade os prototipos dos fogares españois do momento; bonecas e bonecos cos que se poden coñecer os vestidos infantís máis característicos, dioramas e xogos de mesa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.