Inicio Galicia A Xunta promove o turismo náutico galego no Salón de París

A Xunta promove o turismo náutico galego no Salón de París

Turismo de Galicia instalou un stand de 48 metros cadrados a través do que se difundirá a oferta náutica galega neste certame, un dos máis importantes de Europa para a promoción do turismo náutico galego

Este recinto de promoción, no que tamén está representado o ente Portos de Galicia, posibilitará o contacto e as relacións comerciais entre profesionais galegos e os empresarios do sector que visiten a feira

No recinto de promoción de Galicia tamén están as entidades Marina Viveiro, Marina Coruña, Marina Sada, Real Club Náutico da Coruña, Club Náutico de Portonovo, Nauta Sanxenxo, Marina Vilagarcía e Real Club Náutico de Vigo

 A Xunta promove o turismo náutico galego no Salón de ParísA Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia e Turismo de Galicia, participa este ano, entre hoxe e o día 14 de decembro, no Salón Náutico de París para darlle pulo internacional ao turismo náutico e á actividade das instalacións náutico recreativas de Galicia, nun certame que reúne anualmente uns 250.000 visitantes de todo o mundo, sendo un dos eventos de referencia na náutica do Atlántico Europeo, con visitantes de todo o continente, nomeadamente do norte de Europa, Francia e o Mediterráneo.

Este ano, Turismo de Galicia instala un stand de 48 metros cadrados a través do que se difundirá a oferta náutica galega neste certame, que se celebra hai máis de 50 anos, e no que a entidade de promoción turística da Xunta de Galicia participa dende hai 15.

O recinto de promoción do turismo náutico galego posibilitará tamén a toma de contacto e as relacións comerciais entre os profesionais galegos e os empresarios do sector que visiten a feira.

Por outra parte, dentro da súa liña estratéxica de promoción da náutica recreativa en Galicia e do sistema portuario autonómico, Portos de Galicia participa por segundo ano consecutivo neste evento co obxectivo de consolidar a comunidade galega como destino náutico de primeira orde internacional. Esta presenza constitúe un catalizador da representación dos clubes náuticos e marinas xestoras dos peiraos deportivos, coordinando a súa oferta individual para aportar unha proposta galega conxunta de maior competitividade de cara ao exterior.

Neste ámbito, está prevista a asistencia de representantes de Marina Viveiro, Marina Coruña, Marina Sada, Real Club Náutico da Coruña, Club Náutico de Portonovo, Nauta Sanxenxo, Marina Vilagarcía e Real Club Naútico de Vigo. Así mesmo, achegarán a súa oferta promocional, a través de recursos publicitarios e presenza audiovisual os clubes náuticos e marinas de San Vicente do Mar (O Grove), Moaña, Monte Real Club de Iates de Baiona, Porto deportivo de Baiona, Combarro (Poio), Vilanova de Arousa, Muros, A Pobra, Muxía, porto do Xufre (A Illa de Arousa), os concellos de Boiro, Cambados e Baiona e a base náutica Palmira Scuba, da Pobra do Caramiñal.

Axentes especializados
Ademáis do contacto empresarial cos participantes no Salón, Portos de Galicia e Turismo de Galicia desenvolverán unha programación paralela ao evento, na que se incluirán encontros institucionais e presentacións públicas. Así mesmo, Portos de Galicia aproveitará este foro internacional para avanzar nunha iniciativa promocional novedosa na que se está a traballar xa e que pretende achegar a Galicia no primeiro trimestre do vindeiro ano a unha serie de prescriptores especializados das zonas do Arco Atlántico para que coñezan in situ o sistema portuario galego.

Deste xeito, o obxectivo é que trala visita estes profesionais dean a coñecer a través dos medios de comunicación de referencia no sector, as potencialidades dos portos deportivos galegos, de cara á campaña de verán de 2015.

Con estas iniciativas, a Xunta de Galicia está a dar novos pasos na súa estratexia promocional que nos últimos dous anos deu resultados plenamente satisfactorios. Non en van, o pasado verán a cifra de tránsitos total de Galicia superou os 5.400 barcos, o que na comparativa coas cifras do ano 2013 revela un incremento do 8,7%.

O Salón Náutico de París conta este ano con 7.075 profesionais; 1.300 periodistas acreditados; 785 expositores que representan a 1.300 marcas repartidas en 125.000 metros cadrados; 1.200 buques con máis de 200 novidades; máiss de 350 lanchas e veleros; 300 embarcacións deportivas diferenciadas (piragüismo, windsurf…), entre outros. Esta feira constitúe un acontecemento de primeira orde internacional no mundo da indústria e actividade náutica. Está totalmente conectada co mercado internacional náutico e arroxa luz sobre as tendencias de la industria náutica de producción para a exportación e importación.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies