spot_img
InicioPontevedra e ÁreaGalicia Calidade achega en Pontevedra a excelencia dos seus produtos gastronómicos a...

Galicia Calidade achega en Pontevedra a excelencia dos seus produtos gastronómicos a profesionais e consumidores

Galicia Calidade achega en Pontevedra a excelencia dos seus produtos gastronómicos a profesionais e consumidoresA Praza de España acolleu onte a iniciativa “Galicia Calidade en ruta”, cun showcooking e unha cata de viño para fomentar o consumo de produtos con este selo de garantía

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, levou onte a Pontevedra a súa campaña “Galicia Calidade en ruta”, que está a percorrer as sete cidades galegas con demostracións, talleres e showcookings para achegar a profesionais e consumidores a excelencia dos seus produtos gastronómicos.

No acto de inauguración, o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, defendeu que esta marca é “o mellor pasaporte” das empresas galegas e subliñou que a campaña Galicia Calidade en ruta aposta pola calidade como o mellor xeito de acceder aos mercados máis competitivos e esixentes, xa que a marca representa o compromiso das empresas galegas co esforzo por ofrecer os mellores produtos e servizos; e o uso das mellores prácticas para a produción, elaboración e comercialización dos produtos.

A acción está enfocada aos profesionais do sector da gastronomía (hostalaría, restauración e retail), consumidores e prescritores, co obxectivo de poñer en valor os produtos do sector alimentario certificados por Galicia Calidade. Galicia Calidade en ruta consiste nun roadshow no interior dun camión adaptado que, ademais de en Pontevedra, visitará os vindeiros días Lugo (9), Vigo (12 e 13), Ferrol (16) e A Coruña (19 e 20), e no que se realizarán diversos showcookings, catas de viños e degustacións de produtos amparados por Galicia Calidade. A iniciativa xa arrincou o día 28 en Santiago e visitou o pasado martes Ourense.

En Pontevedra, dentro do camión adaptado situado na Praza de España, desenvólvense dúas accións diferentes. A primeira delas, denominada “Esencial”, consiste nunha degustación de “bocados de Galicia Calidade”, elaborados pola chef Marián Rodríguez, e que ofrece unha ampla mostra da versatilidade e excelencia dos produtos.

A segunda, denominada “De viños Galicia Calidade”, consiste nunha maridaxe dos viños amparados por este selo con outros produtos como os xamóns, embutidos ou queixos, baixo a dirección do sumiller e director do Instituto Galego do Viño, Xoan Cannas.

A campaña Galicia Calidade en ruta, enmárcase na estratexia de reforzo de Galicia Calidade, unha marca recoñecida e valorada polos consumidores que conta con máis de 300 produtos certificados, de 51 empresas diferentes. Entre as empresas que contan con esta distinción figuran varias da provincia de Pontevedra como Adegas dos Eidos, Aguas de Mondariz, Avícola de Galicia, Avícola Tratante, Pazo de Villarei, Caracoles do Gallo, Casa Concheiro, Castro Baroña, A Rosaleira, Hotel Augusta Spa Resort, Hotel Louxo, Kiwi Atlántico, Mariscos Linamar e Adegas Valtea.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.