Inicio Pontevedra Baixo Miño O mercado de Tomiño seleccionado para asistir á 10ª Conferencia Internacional de...

O mercado de Tomiño seleccionado para asistir á 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos en Londres

A praza de abastos de Tomiño convértese na primeira en contar co selo de mercado excelente que outorga a XuntaTomiño presentará o modelo do mercado municipal coma exemplo dun investimento que mellorou a vida social, económica e cultural do municipio

O Mercado Municipal de Tomiño vén de ser seleccionado polos organizadores da 10ª Conferencia Internacional de Mercados Públicos, que terá lugar os dias 6, 7 e 8 de xuño en Londres.

Para esta Conferencia, á que se espera asistan máis de 400 representantes de mercados de todo o mundo, foron seleccionados 20 exemplos como poñentes, entre os que se atopa Tomiño.

A Conferencia é un punto de encontro anual dos axentes que traballan en mercados públicos, e que pon o acento no papel que teñen estes como cohesionadores sociais, conectando as economías locais  e as  comunidades. Tomiño foi seleccionado, precisamente, por ter sido un proxecto que foi confeccionado por un equipo multidisciplinar e coa participación dos propios veciños/as, no que ademais do mercado, se transformou a contorna, conseguindo que as persoas dispuxeran dun lugar de encontro e convivencia, o que modificou radicalmente a vida da vila.

A organización do evento corre a cargo de Project for Public Spaces (PPS), organización con sede en Nova York, que cada ano programa unha axenda que, ademais de conferencias, inclúe talleres, seminarios e visitas aos mercados da cidade onde se celebra a actividade. O encontro, ao que so asisten profesionais, celébrase sempre en grandes cidades como San Francisco, París ou Barcelona.

Fundada en 1975 en Nova York, Project for Public Spaces hoxe en día é un referente internacional na xestión de espazos públicos, integrando unha gran diversidade de campos de estudo, coma o deseño, a arquitectura, a planificación urbana, o paisaxismo, o medio ambiente ou a sostibilidade. Ao longo de máis de trinta anos de actividade, ten  actuado en máis de 2.000 comunidades de 26 países.

A intervención da alcaldesa de Tomiño está marcada para o día 7 de xuño ás 16.00h, co fin de que relaten a experiencia e falen do papel do novo espazo coma elemento transformador da vida da vila.

Na mesma mesa intervirá o Dr. Calvin Lee Kwan, director xeral de  Corporate Development & Strategy Link Asset, de Hong Kong, e Oscar Martin, do Institut Municipal de Mercats, de Barcelona.

O alcalde de Londres, Sadiq Khan, será o encargado do discurso inaugural o día 6 as 9.00h na Catedral de Southwark.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies