Inicio Baixo Miño A Guarda O Mercado da Música da Guarda chega á súa VII edición

O Mercado da Música da Guarda chega á súa VII edición

O Mercado da Música da Guarda chega á súa VII ediciónO Mercado da Música, organizado dende a Asociación Sopa de Sobre en colaboración co Concello da Guarda, chega o vindeiro sábado día 27 de xullo á súa VII edición cunha programación de actividades que terán lugar nos xardíns do Centro Cultural da Guarda e na que se inclúen concertos, obradoiros, venda de vinilos, artigos musicais, artesanía e moito máis.

Ás 11:00h da mañá arrancan as actividades previstas con pintacaras, mesa de debuxo e obradoiros para nenos e nenas.

Diferentes stands amosarán libros, artesanía, vinilos, instrumentos, roupa de segunda mán, entre outros.

Para completar a programación contarase coas actuacións dos grupos Fábrica de Espejos, The Mirror, Cremawitch, Tecor Societario, Pledge e máis grupos por confirmar.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies