Inicio Galicia A 'armada galega' viaxa ata Francia para disputar o Campionato Europeo de...

A ‘armada galega’ viaxa ata Francia para disputar o Campionato Europeo de Maratón

A 'armada galega' viaxa ata Francia para disputar o Campionato Europeo de Maratón Hoxe ás 17,30h da tarde está prevista a cerimonia de apertura do Campionato de Europa de Maratón 2019 na localidade francesa de Decize no que participarán 21 países. A competición ten unha duración de catro días, desde o xoves ata o domingo.

Ata terras francesas desprázanse unha lista de quince deportistas galegos que seguro van loitar polos metais en xogo.

O programa previsto para este evento tívose que modificar debido ás altas temperaturas que se esperan os próximos días no lugar de competición. Así ben o xoves comeza o campionato coas carreiras individuais da categoría xuvenil. Ademais poderanse ver as regatas da modalidade Short Race, na que debutarán Tono Campos e Diego Romero en C1, este novo formato conta con tres voltas pequenas e dous porteos.

Xa o venres será a quenda para Rubén Dasilva do Kayak Tudense en C1 Sub 23, Joaquín Iglesias do Piragüismo Verducido en K2 xuvenil xunto a Alejandro Moreno, así como o debut da C2 de Javier Ordóñez formando parella con Iago Romero e a participación de Iria Romero, todos eles do Náutico Pontecesures.

As carreiras programadas para o sábado déixannos a presenza de Iván Alonso do Piragüismo Olívico en K1, Jenifer Casal do E. P. Ciudad de Pontevedra en C1, e os canoistas Tono Campos do Breogán e Manuel Garrido do Kayak Tudense.

Por último, o domingo competirán as embarcacións dobres nas que tomarán a saída Óscar Graña xunto a Jose Sánchez do Kayak Tudense, ademais de Tono Campos e Diego Romero.

Na final de K2 masculina estarán os padeeiros do Fluvial de Lugo Julián Becerro e Miguel Fernández mentres que Tania Fernández e Tania Álvarez tamén participarán na proba feminina.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies