Inicio Baixo Miño A Guarda 'Mulleres en Acción – Violencia Zero' leva á Guarda a peza «Rosa»...

‘Mulleres en Acción – Violencia Zero’ leva á Guarda a peza «Rosa» de Nuria Sotelo

'Mulleres en Acción – Violencia Zero' leva á Guarda a peza «Rosa» de Nuria SoteloO vindeiro xoves día 1 de agosto a Praza do Reló da Guarda acolle unha nova acción da Campaña Mulleres en Acción – Violencia Zero promovida dende a Deputación de Pontevedra e na que colabora o Centro de Información á Muller da Guarda(CIM).

Esta actividade duns 20 minutos de duración, que terá lugar ás 21:00h na Praza do Reló, contará coa representación da peza «Rosa» da artista Nuria Sotelo, unha acción de danza-teatro na que se aborda, a través do movemento da intérprete e da mobilización espacial do público, conceptos sexolóxicos como a intersexualidade, a convivencia entre sexos e os rasgos e modos dos suxeitos, pondo en cuestión xerarquías e preconceptos establecidos.

NURIA SOTELO

Intérprete de danza e teatro, buscadora de linguaxes escénicos e impulsora da Cía. de danza-teatro Licenciada Sotelo.

Ligada á danza dende a súa infancia a través do ballet , continúa coa súa formación en danza contemporánea nas Aulas de danza e Teatro de las Universidades de Santiago de Compostela e Ourense así como en workshops internacionais.

Como intérprete traballa en compañías de danza e de teatro:

Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Matarile Teatro.

Premios:

Certame Coreográfico de Madrid 2017: premiada como coreógrafa pola peza Ensayo amor

Premio de interpretación Maruja Villanueva 2017 do Concello de Padrón

Combina actividade escénica coa docencia nos campos do corpo, danza e a creación escénica, traballando con adultas, adolescentes, profesionais da escena, grupos de integración e familias.

Actualmente inmersa no proxecto “A Casa Vella”, espazo residencia artística e infiltración social a través do corpo e o arte no rural alaricano.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies