Inicio Galicia Compostela A Fundación Gonzalo Torrente Ballester acolle a mostra temporal Castelao grafista (facsímile)

A Fundación Gonzalo Torrente Ballester acolle a mostra temporal Castelao grafista (facsímile)

A exposición forma parte dun proxecto divulgativo de Castelao financiado pola Xunta que levará seu o legado a máis de 110 cidades dos cinco continentes

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta tarde na inauguración na Fundación Gonzalo Torrente Ballester da mostra temporal Castelao grafista (facsímile). A exposición, patrocinada pola Xunta de Galicia no marco dun convenio coa Academia Galega de Belas Artes e comisariada por Miguel Fernández Cid, forma parte dun amplo proxecto divulgativo sobre a figura de Castelao para dalo a coñecer por medio dos Instituto Cervantes e dos centros do Ministerio de Asuntos Exteriores en máis de 110 cidades dos cinco continentes.

O orzamento para o conxunto das actuacións obxecto do antedito convenio ascende a preto de 110.000 euros financiados integramente polo Goberno galego, froito do cal se entregaron ao Instituto Cervantes un total de 100 caixas do proxecto, para depositalas en cada unha das súas 90 sedes repartidas polos cinco continentes. Na mesma liña, ao Ministerio de Asuntos Exteriores, a través da Dirección de Relaciones Culturais e Científicas, fixéronselle chegar 25 exemplares que se enviarán aos centros correspondentes, nas cidades e países nos que non ten sede o Instituto Cervantes.

Divulgar universalmente a Castelao

O conselleiro destacou na súa intervención a importancia de “divulgar universalmente a un dos nosos autores e artistas máis valiosos”, e agradeceu a participación de todas as institucións e administracións implicadas, confiando en que “isto sexa só o principio dun meirande recoñecemento e atención crítica, tamén fóra de Galicia, a Castelao”.

Castelao grafista é unha proposta que reúne unha ampla selección de materiais das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao, na que se poden atopar textos, ilustracións, deseños, fotografías ou publicacións coas que achegármonos á rica e poliédrica figura do rianxeiro. Na inauguración participaron, ademais do conselleiro, o presidente de la Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Álvaro Torrente; e o comisario da mostra, Miguel Fernández Cid.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies