Inicio Pontevedra O mellor piragüismo encherá o encoro de Verducido co campionato galego de...

O mellor piragüismo encherá o encoro de Verducido co campionato galego de embarcacións de equipo

encoro_Verducido_piragüismo

O vindeiro sábado día 2 de abril celébrase no encoro de Pontillón do Castro a segunda competición da liga Galega das categorías Senior, Xuvenil, Cadete e Veterano. A regata disputarase sobre un percorrido de 5.000 metros nas embarcacións dobres de K2 e C2.

A importancia desta competición para a liga, fai que todos os clubs acudan a Verducido coa totalidade dos seus membros para tentar levar a vitoria nas distintas categorías. Esta circunstancia fai que haxa un total de 578 padeeiros de máis de 30 clubs que participan neste evento, unha cifra record nestes últimos anos. Os equipos que máis piraguas achegan son o Club As Torres con 23 seguido do Club Naval de Pontevedra con 19. Tanto o Kayak Tudense como o Breogán do Grove tentarán defender o liderado da liga Senior na categoría masculina e feminina respectivamente.

Os principais favoritos á vitoria estarán presentes nesta cita do calendario galego, Gabriel Pavón e Rubén Millán defenderán o título logrado no 2015, os seus principais opoñentes serán os seus compañeiros de club Iván Alonso e Diego Piña, unha embarcación que está a preparar a distancia de maratón e que seguro estarán a moi bo nivel, a estas dúas embarcacións hai que engadir a parella de Vilaboa Brais Sánchez e Antonio Palmás que veñen de gañar na regata de maratón que se celebrou en Asturias a semana pasada.

Tono Campos e Diego Romero na modalidade de canoa son claros favoritos a repetir a vitoria un ano máis, non lles vai a ser nada fácil posto que na liña de saída vai haber embarcacións dun altísimo nivel como son a formada por Adrián Sieiro e Sergio Vallejo ou a dupla do Kayak Tudense de Manuel Garrido e Brais Casas.

Na regata feminina a priori vaise a poder ver un gran duelo entre as compoñentes do Náutico Pontecesures Raquel Dá Costa xunto coa súa compañeira Camila Morisón e as integrantes do Breogán do Grove Natalia García e a actual campioa galega individual Nuria Villace.

o-mellor-piraguismo-enchera-o-encoro-de-verducido-co-campionato-galego-de-embarcacions-de-equipo
Diego Romero e Tono Campos

o-mellor-piraguismo-enchera-o-encoro-de-verducido-co-campionato-galego-de-embarcacions-de-equipo
Gabriel Pavón e Rubén Millan

o-mellor-piraguismo-enchera-o-encoro-de-verducido-co-campionato-galego-de-embarcacions-de-equipo
Irene Dacosta e Marta Iglesias

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies