spot_img
InicioPontevedra e ÁreaClausúrase en Pontevedra o obradoiro de emprego organizado pola Deputación 'Coidando os...

Clausúrase en Pontevedra o obradoiro de emprego organizado pola Deputación ‘Coidando os nosos maiores’

clausurase-en-pontevedra-o-obradoiro-de-emprego-organizado-pola-deputacion-coidando-os-nosos-maiores

A través deste obradoiro, organizado e impulsado pola Deputación de Pontevedra, dotóuselle ó alumnado da formación para a obtención do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

As deputadas delegadas de Emprego e Cohesión Social e Xuventude, Montse Magallanes e Digna Rivas, clausuraron hoxe o obradoiro de emprego “Coidando os nosos maiores”, que tivo lugar entre o 30 de setembro de 2015 e o 29 de marzo de 2016, coa entrega de diplomas ás mozas e mozos menores de 30 anos desempregadas que participaron na formación.

comillas“Coidando os nosos maiores”, destinado a menores de 30 anos en desemprego, certifica profesionalmente ó alumnado en atención sociosanitaria a persoas dependentes

A deputada de Emprego, Montse Magallanes, destacou que “Coidando os nosos maiores” “tiña por obxectivo impulsar iniciativas para mellorar a formación e empregabilidade, potenciando que o alumnado, mozas e mozos menores de 30 anos en desemprego, se achegue á realidade laboral e teña unha experiencia enriquecedora”.  Magallanes agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia neste proxecto así como o enorme interese e esforzo do alumnado e profesorado, “grazas á cal estou segura de que acadaremos os obxectivos que nos plantexamos con este obradoiro”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.