Inicio Pontevedra O alevin mixto do CB NIgrán loita polo título de subcampeonato de...

O alevin mixto do CB NIgrán loita polo título de subcampeonato de liga

o-alevin-mixto-do-cb-nigran-loita-polo-titulo-de-subcampeonato-de-liga

Mañá sábado a partir das 12:30 no Pavillón do IES Mendiño de Redondela, o alevin mixto do CB Nigrán ten unha importante cita, disputará o último partido de liga contra o equipo desta localidade. Se os de Nigrán fanse coa vitoria conquistarían en título de subcampións da liga Basketgal, liga na que participaron un total de díez equipos desta categoría.

Estes magníficos resultados son o froito do traballo que vén facendo no CB NIGRÁN durante estes dous últimos anos apostando firmemente polo Minibasket, traballo que comezou hai agora dous anos coa creación de diferentes Escolas Deportivas nos colexios da localidade , constituíndo a canteira de base desde onde poden dar despois o paso aos equipos inscritos en diferentes competicións de liga.

Non só o equipo alevin obtivo bos resultados este primeiro ano de competición, o equipo benjamin, formado igualmente por nenos e nenas dos diferentes colexios de Nigrán, está clasificado na metade da táboa da súa categoría onde se distribúen outros nove equipos.

Desde a dirección deportiva do CB Nigrán resáltase o magnífico traballo levado a cabo por Yoli, adestradora do equipo alevin que foi ademais xogadora do CB NIGRÁN nos anos 90 e por Miguel, adestrador do equipo benjamin.

Este club de formación segue con paso firme o seu traballo formando xogadores e xogadoras de baloncesto ,compaxinando a aprendizaxe no ámbito deportivo coa formación en valores.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies