Inicio Pontevedra O MARCO inaugura "Destacados. Colección Telefónica" con obras de Picasso, Magritte, Tàpies...

O MARCO inaugura “Destacados. Colección Telefónica” con obras de Picasso, Magritte, Tàpies ou Chillida

O MARCO inaugura "Destacados. Colección Telefónica" con obras de Picasso, Magritte, Tàpies ou ChillidaEn colaboración coa Fundación Telefónica, o céntrico museo vigués ofrece desde o pasado xoves esta mostra por primeira vez en Galicia, con máis de 150 obras en papel, pintura e escultura que debullan unha panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da arte do século vinte. O alcalde, Abel Caballero, participou no acto de apertura.

O acto de inauguración desta exposición contou coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e do concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, xunto ao responsable global da área de cultura dixital e Espacio Fundación Telefónica, Pablo Gonzalo, á directora de Telefónica Galicia, Marta Menéndez, e ao director do MARCO, Miguel Fernández-Cid.

Desde o 16 de maio e ata o 15 de setembro, o MARCO abre as súas portas á mostra “Destacados. Colección Telefónica”, unha exposición con máis de 150 das pezas máis salientables dos fondos da empresa. Ata setembro, o museo vigués acollerá obra en papel, pintura e escultura de artistas como Picasso, Gris, Magritte, Delvaux, Chillida e Tàpies, entre outros.

O MARCO inaugura "Destacados. Colección Telefónica" con obras de Picasso, Magritte, Tàpies ou Chillida
René Magritte.La Belle Société, 1965-1966. Colección Telefónica. Foto: cortesía Fundación Telefónica ©Fernando Maquieira

A mostra recala en Galicia por primeira vez e traza unha panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da historia da arte do século XX, de dentro e fóra das nosas fronteiras. A importancia das obras non só reside na corrente artística que representan, senón tamén na transcendencia do seu autor e o interese que xeran figuras deste calibre no ámbito cultural e social.

Ademais, como valor engadido da mostra en Vigo, xunto ás obras da Colección Telefónica, a exposición permite establecer vínculos e diálogos con creadores galegos renovadores, que deron paso á modernidade en Galicia, a través dunha selección de obras procedentes de Coleccións de Museos do Concello de Vigo.

PRESENTACIÓN

A exposición DESTACADOS. Colección Telefónica poderá visitarse dende o 16 de maio e ata o 15 de setembro no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Destacados. Colección Telefónica comprende unha selección de pintura, escultura e obra en papel das pezas máis significativas e icónicas da colección, non só polo estilo artístico que representan, senón tamén pola importancia e a transcendencia dos seus autores. As pezas reunidas para esta ocasión no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, sen seguir un estrito percorrido cronolóxico, permiten trazar unha breve panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da historia da arte do século XX.

Ademais, como valor engadido da mostra en Vigo, xunto ás obras da Colección Telefónica, a exposición permite establecer vínculos e diálogos con creadores galegos renovadores, que deron paso á modernidade en Galicia, a través dunha selección de obras procedentes de Coleccións de Museos do Concello de Vigo.

O MARCO inaugura "Destacados. Colección Telefónica" con obras de Picasso, Magritte, Tàpies ou Chillida

Información e visitas guiadas

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

  • Todos os días ás 18.00
  • Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900
  • http://www.marcovigo.com/
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies