Inicio Pontevedra Louriña O filial do Balonmán Porriño consegue o ascenso á División Prata Feminina

O filial do Balonmán Porriño consegue o ascenso á División Prata Feminina

Recepción no Concello ó filial do Balonmán Porriño polo seu ascenso á División Prata FemininaEva García, alcaldesa do Porriño ofreceu unha recepción no Concello á plantilla do equipo filial do Balonmán Porriño que vén de acadar o seu ascenso á División Prata Feminina.

O conxunto porriñés obtivo a promoción grazas a gañar os tres partidos do sector de ascenso disputado o pasado fin de semana na nosa cidade. Derrotou a KTM Balsebike; EMD Aceuchal e no partido definitivo ó Balonmán Zamora.

Deste xeito Porriño é unha das poucas cidades de España cun club de balonmán que pode presumir de ter ó seus equipos femininos nas dúas principais categorías nacionais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies