Diego Romero e Gabriel Pavón medalla de ouro no campionato estatal.
Esta mañá celebrouse a segunda xornada do Campionato de España de Inverno nas instalacións do Centro de Alto Rendemento da Cartuja en Sevilla. O río Guadalquivir escenario habitual desta proba, acogío as finais de 5.000 metros previstas para hoxe e non defraudaron brindando un bonito espectáculo.
O Club Kayak Tudense consegue a vitoria final na clasificación final de clubs por diante do Piragüismo Aranjuez e do Club Náutico Sevilla. Os tudenses sumaron un total de 1725 puntos polos 1606 puntos do equipo madrileño. Esta vitoria supón a décimo segunda para o club de Tui, un record que seguro durará moitos anos. Pola súa banda o Breogán do Grove foi cuarto a moi poucos puntos dos andaluces.
A primeira das finais disputadas foi a correspondente ás mulleres canoa tanto na categoría xuvenil como na senior. A padeeira María Pérez do Club Náutico Ribadumia proclamouse campioa de España junior por diante da pontevedresa do E.P Cidade de Pontevedra Antía Jácome que foi terminou segunda. Por outra banda Jenifer Casal do E.P. Cidade de Pontevedra alcanzou a medalla de bronce na final senior.
A seguinte competición con representación galega no podio foi a correspondente á muller K1, na que Marta Iglesias do Club Piragüismo Ría de Aldán alzouse coa medalla de ouro nunha regata moi dura polo forte vento. Acompañoulle no podio Antía Santiago do Club Piragüismo Illa de Arousa que foi terceira.
Tampouco defraudaron os dous favoritos ao triunfo en canoa xuvenil. Noel Domínguez do Breogán e David Barreiro do Náutico Rodeira que terminaron en primeira e segunda posición respectivamente, demostrando o gran momento de forma co que afrontan a tempada.
Na modalidade de kaiak Francisco Silva e Luís Rodríguez do Piragüismo Portonovo competiron na cabeza de carreira gran parte da proba, nos últimos 1000 metros perderon posicións e terminaron en 8º e 10º posto.
O que tampouco defraudou foi Diego Romero que conquistou o título de campión de España de inverno que se lle escapou a tempada pasada, Romero dominou a proba de principio a fin, un ataque na última ciaboga levouno en solitario ata meta, o segundo posto foi para Manuel Garrido do Kayak Tudense e o terceiro para Nuno Barros do Náutico Pontecesures.
Polo que respecta á categoría feminina Ana Varela do Kayak Tudense, Natalia García do Breogán e Tania Fernández do Fluvial de Lugo aínda que afastadas do podio conseguiron entrar en meta entre as dez primeiras clasificadas.
A última competición do campionato foi a dos Home Senior Kaiak na que os padeeiros do Kayak Tudense deron unha exhibición de poderío ao conseguir meter 7 deportistas entre os 20 primeiros. Gabriel Pavón actual campión no 2016 conseguiu revalidar o título de forma impoñente. O tudense impúxose despois dun longo sprint xunto ao seu compañeiro Rubén Millán que foi segundo repetindo o pódium do ano pasado e ao padeeiro de Bañolas Albert Martí.