spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Casa das Artes de Vigo presenta a exposición "Con A de...

A Casa das Artes de Vigo presenta a exposición “Con A de Astrónomas”

AstrónomasEn todas as épocas da historia atopámonos con astrónomas que adicaron os seus días e as súas noites ao estudo dos corpos celestes.

Esta mostra lembra moitas delas, desde Aglaonike que predecía eclipses de lúa na Grecia clásica a Caroline Herschel que descubriu cometas e estudou as estrelas binarias no século XVIII. E tamén a moitas investigadoras que na actualidade son punta de lanza na vangarda desta ciencia.

“Con A de Astrónomas” é unha iniciativa do grupo “Ella es una astrónoma” formado por profesionais do campo da astronomía, a filosofía, a historia e o ensino. A mostra está integrada por paneis físicos, elementos interactivos e material de atrezo (réplicas de instrumentos antigos e estatuas) utilizado na película Ágora, dirixida por A. Amenábar, que narra a vida de Hipatia de Alexandría.

A través dunha serie de paneis faise un percorrido entre os principais fitos da astronomía e o papel fundamental que tiveron as mulleres desde a antigüidade ata os nosos días. O descubrimento dos púlsares, a estrutura a gran escala do Universo, ou a medida das distancias estelares pasean ante os noso ollos explicadas dun xeito divulgativo e ameno.

Na preparación da mostra participaron nove astrónomas de distintos centros de investigación, entre elas Josefina F. Ling, da Universidade de Santiago de Compostela e comisaria da exposición xunto á historiadora da ciencia Eulalia Pérez Sedeño. Tanto Ling como Sedeño foron dúas das científicas encargadas de seleccionar os contidos dos 13 paneis que a integran, un de presentación, nove dedicados a conceptos astronómicos, dous á contextualización histórica e a mostrar a relación entre astronomía e cultura e un recompilatorio coas imáxenes de 116 astrónomas españolas.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 14 de maio.

- Publicidade -spot_img