spot_img
InicioVal MiñorNigránSete concellos asinaron en Nigrán a súa adhesión ao programa Apego para...

Sete concellos asinaron en Nigrán a súa adhesión ao programa Apego para fomentar o uso do galego dende o berce

sete-concellos-asinaron-en-nigran-a-sua-adhesion-ao-programa-apego-para-fomentar-o-uso-do-galego-dende-o-berce

Os concellos de Nigrán, Ponteareas e Vilagarcía (PO), Cee e Sada (CO), O Carballiño (OU) e a cidade de Lugo, adheríronse ao programa ‘Apego’, cuxo obxectivo é incentivar o uso do galego nas novas xeracións desde os primeiros anos de vida.

O programa ‘Apego’ é un proxecto dirixido a poñer en valor a transmisión da lingua galega aos nenos dende o berce e ata os 6 anos, e a facilitala con apoio, información, recursos, programación de actividades etc.

sete-concellos-asinaron-en-nigran-a-sua-adhesion-ao-programa-apego-para-fomentar-o-uso-do-galego-dende-o-berce

O Concello de Nigrán entregará a partir de maio a cada neno que naza no municipio unha caixa de benvida cunha mantiña-apego, un álbum de primeiras experiencias, un libro informativo sobre transmisión lingüística e crianza, un adhesivo para o coche, un medidor, un disco de música infantil en galego de diferentes grupos e estilos, etc. O Concello estima que a partir de maio entregará un cento de caixas cada ano (o número habitual de nacementos) e esta deberá ser solicitada polos pais no primeiro ano de vida do neno (é requisito indispensable estar empadroado en Nigrán).

Desde os servizos de normalización lingüística (SNL) faise unha avaliación moi positiva do programa, tanto pola acollida ata o momento, como polo número de familias directamente implicadas –xa están adheridas formalmente arredor de 2.000–, polos recursos creados, pola participación nas actividades e polos resultados que se van percibindo.

1

Acción de arranque do proxecto

A acción de arranque do proxecto é a entrega dunha caixa de benvida ás familias que agardan un bebé con materiais para achegar argumentos e materiais de axuda para a transmisión do galego, apoio á crianza, etc. Esta caixa entregaráselles ás familias que van ter un neno ou nena (ben por embarazo, ben por adopción) e que estean empadroadas nalgún dos concellos participantes, e contén os seguintes materiais:

Un boneco-manta apego: é un boneco mantiña suave símbolo da campaña, que personifica o polbiño PO, imaxe e mascota do Apego, e que se converterá no vínculo permanente coa familia, e que acompañará o bebé nos seus primeiros meses ou anos.

Un libro: guía para pais e nais que inclúe razóns para a transmisión da lingua; propostas de nomes en galego e argumentos para elixilos; recomendacións para o inicio da crianza, lactancia, sono, descanso, alimentación, etc.; arrolos, recitados e xogos de dedos; palabras para medrar; etc.

Un álbum de recordos e primeiras experiencias: para gardar as lembranzas máis importantes, divertidas e especiais do primeiro ano de vida do bebé.

Un medidor: para ir seguindo o crecemento do bebé nos primeiros anos.

Un adhesivo para o coche: para que o resto de xente que anda pola estrada ou rúa teña sentidiño.

Apego é afección, inclinación ou amor por algo ou alguén. Apego é vínculo, sintonía e empatía. O apego é necesario para o desenvolvemento social e emocional, e tamén é fundamental para a lingua

 

- Publicidade -spot_img