spot_img
InicioBaixo MiñoO Kayak Tudense-Axuda Paramos terceiro no Nacional de Pista en Verducido

O Kayak Tudense-Axuda Paramos terceiro no Nacional de Pista en Verducido

O Kayak Tudense-Axuda Paramos terceiro no Nacional de Pista en VerducidoGran actuación dos equipos galegos no L Campionato España Sprint Senior, Sub-23 e Xuvenís, celebrado durante este fin de semana nas instalacións do Complexo Deportivo David Cal de Verducido.

O Club Kayak Tudense- Axuda Paramos terminou terceiro na xeral de clubs por detrás do Piragüismo Aranxuez e Club Náutico Sevilla. Os de Tui mantéñense un ano máis entre os tres primeiros no campionato estatal. Así mesmo, o Breogán do Grove terminou o campionato en sexta posición, o Naval de Pontevedra sétimo e o Club As Torres Romaría Viquinga oitavo.

Con estes resultados a clasificación xeral da liga Hernando Calleja  deixa a tres clubs entre os dez primeiros. O Kayak Tudense-Axuda Paramos é terceiro con 399 puntos, nunha liga na que o gañador foi o Escola de Piragüismo Aranxuez con 420 puntos e segundo o Club Náutico Sevilla con 405 puntos. A quinta praza é para o Club As Torres Romaría Viquinga e a sétima para o Club Breogán do Grove

No gran premio loterías e apostas do estado – II liga olímpica de sprint feminina o Club As Torres Romaría Viquinga recolleu o terceiro premio, na que o club vencedor foi o Piragüismo Aranxuez e segundo o Círculo de Labradores. Onde non hai dúbida do dominio galego é no medalleiro, o número total de medallas en para os deportistas autonómicos foi de 112. Por clubs entre os dez mellores situáronse ata catro conxuntos, en segundo lugar o Breogán con 15 metais (10 de ouro, 3 de prata, 2 de bronce), terceiro o Kayak Tudense- Axuda Paramos con 21 (8 de ouro, 8 de prata, 5 de bronce) quinto con 8 de ouro o Náutico O Muiño e décimo o Club Piragüismo Rías Baixas (4 de ouro, 2 de prata, 2 de bronce).

No último día de competición celebráronse as probas sobre a distancia de 200 metros onde os deportistas conseguiron numerosas medallas. Na categoría xuvenil Gabriel Martínez (Ribeiras do Tambre) e Carla Frieiro ( As Torres) en K1, mentres que Manuel Fontán e María Pérez ambos do Náutico O Muiño lograron a vitoria en C1. Doutra banda en senior Carlos Arévalo e Teresa Portela colgáronse o ouro en K1 e Adrián Sieiro faría o propio en C1.

As finais das embarcacións dobres deixaban tres ouros máis para as parellas senior de Carlos Pérez xunto a Diego Dacosta en K2, Adrián Sieiro formando embarcación con David Maquieira en C2 e Jennifer Casal con Antía Jácome tamén en C2. Angel González e Gabriel Martínez (Ribeiras do Tambre) gañaron a proba de K2 xuvenil. As finais de K4 terminaban coa primeira posición para a piragua do Club de Mar Ría de Aldán de Diego Dacosta, Rodrigo Tiebo, Carlos Pérez e David Caride.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.