spot_img
InicioVal MiñorGondomarEspectaculares resultados para o Club de Patinaxe Artística Gondomar no Campionato Provincial...

Espectaculares resultados para o Club de Patinaxe Artística Gondomar no Campionato Provincial con tres ouros, unha prata e un bronce

Este sábado 14 de xullo, o Club de Patinaxe Artística Gondomar albergou o Campionato Provincial nas categorías de Benjamín- infantil.
 
A competición foi convocada pola Federación Galega de Patinaxe e o evento organizado polo CPA Gondomar no pavillón de Doas. Foi un campionato cun podio xigante, no que as patinadoras do adestrador David Figueroa desmarcaron con forza, xa que todas, absolutamente todas as patinadoras presentadas polo mesmo subiron ao podio neste provincial, e cunha mostra de poderío impactante expuxeron os seus programas ao público miñorano que puideron gozar deste deporte artístico que cada día progresa con máis intensidade.
 
O gran adestramento diario, a constancia e a paixón pola patinaxe son características innatas nestes deportistas que onte conseguiron un avance máis na súa carreira deportiva. A plataforma sobre a que se colocan os vencedores desta proba deportiva de patinaxe artística de hoxe foi brillante, o Club gondomareño fíxose cos podios; na categoría de Alevín feminino como primeira clasificada Lola Álvarez, prata para Sara Ferreira e bronce para Ainhoa Vidal; en alevín masculino ouro para Joel Ribeiro e en Categoría infantil ouro para Sofía Costas.
 
O broche final para un evento cheo de patinadores con programas de patinaxe artística de gran dificultade técnica e coreográfica, foi a entrega de trofeos para os patinadores e patinadoras do CPA, polas autoridades do Concello de Gondomar. 
- Publicidade -spot_img