spot_img
InicioBaixo MiñoA Feira do Viño do Rosal celebra a súa XXVI edición

A Feira do Viño do Rosal celebra a súa XXVI edición

A XXVI Feira do Viño do Rosal arrancou este venres ás 20:00 horas, na Praza do Calvario e a encargada de facer o pregón este ano foi Sarah Jane Evans. Escritora, periodista e unha das persoas mais relevantes no Reino Unido e unha experta e apaixonada de nosos viños é a actual Vicepresidenta do prestixioso Institute of Masters of Wine.

A Feira do Viño, que está xa consolidada, recibe anualmente milleiros de visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

O centro desta festa que conta co recoñecemento de Interés Turístico é un ano máis a praza do Calvario, onde están instaladas as trece casetas que participan este ano. A inauguración asistiron, como en anos anteriores, representantes das institucións provinciais e autonómicas, tamén os alcaldes dos concellos limítrofes, da propia D.O. e das bodegas participantes. Para esta edición contouse cunha pregoeira moi especial, Sarah Jane Evans, unha galardoada escritora e xornalista especializada en viños, copresidenta de Decanter World Wine Awards e presidenta do 2018 Institute of Masters of Wine Symposium. Finalizadas as intervencións, todos fixeron un percorrido polos diferentes postos.

Nesta ocasión, e como xa é habitual desde hai algúns anos, instalarase unha carpa con capacidade para 250 persoas, así como 100 mesas altas e outras tantas baixas para acoller aos numerosos visitantes que se esperan visiten O Rosal ao longo dos tres días de feira. Ademais dos viños, poderanse atopar produtos típicos da zona e unha ampla oferta gastronómica que elaborarán sete restauradores do municipio.

Unha das grandes novidades deste ano foi a organización dunha cata comentada que contou coa participación das adegas.

A música, o deporte e as actividades para os máis pequenos completarán o programa elaborado polo Concello, que aposta polos máis pequenos con zona de xogos para eles, talleres e un showcooking para nenos a partir de 5 anos que impartirá a Escola Profesional de Hostalería do Baixo Miño.

O apartado musical contará coa actuación de agrupacións tradicionais e grupos como Terapia de Grupo e A Patrulla. Tampouco faltarán nesta edición os autobuses desde Tui e A Guarda para trasladar aos asistentes, con prezos que oscilarán entre un e dous euros, dependendo do percorrido.

Cultura e deporte

Cabe destacar a participación do grupo filatélico e numismático Val do Rosal  -celebran o seu 25 aniversario- que como tódolos anos realiza un cuño conmemorativo  relacionado coa temática vinícola e que se estampa en toda a correspondencia que eses días sae do Rosal.

Doutra banda, destacar a quinta edición das Carreiras e Andaina 10k O Rosal Feira do Viño 2018. Esta xa clásica e ineludible cita do panorama deportivo galego está organizada por AD Ten Sports e Qualité Sport, en colaboración co Concello do Rosal, diferentes adegas e entidades da comarca. Este ano, como novidade, se poderá escoller entre 5k (1 volta ao percorrido) e 10k (2 voltas). A saída e chegada de todas as probas terá lugar na céntrica Praza do Calvario.

A proba de nenos/as celebrarase o sábado 14 de xullo de 10 a 11 horas. A Andaina 10k inaugura os actos dominicais (10:00 horas) cun percorrido guiado polas pesqueiras e algúns lugares emblemáticos da vila, finalizando coa visita e degustación de viño en Adega Pateira. Segundo se informa dende a Organización, haberá duchas e servizo de gardarroupa. Ademais a entrega de dorsais e chips se fará o sábado 14 de xullo de 11:00 a 12:00 horas e o domingo de 9:00 a 10:15 horas. Para recoller o dorsal-chip é necesario presentar fotocopia do DNI ou documento acreditativo (carnet de conducir, pasaporte) ou xustificante da inscrición. Coincidindo coa XXVI Feira do Viño do Rosal, declarada de Interese Turístico Galego, este evento -con agasallos, sorteos e avituallamento incluído- establece un máximo de 300 participantes.

Programa

Sábado 14, a las 11.00 horas se disputará la Carreira de Nenos y a las 13.30 horas el Grupo de Gaitas Airiños do Folón actuará para los presentes.

A las 23.00 horas el grupo La Patrulla animará a los presentes con su actuación musical.

A las 02.00 horas la feria cerrará sus puertas.

Domingo 15, a las 10:00 horas se celebrará la Andaina 10K y a las 11:00 horas la Carreira 10K. A las 13.30 horas comenzará la actuación del grupo tradicional gallego O Trebón dos Xidos.

Por la tarde, a las 18.30 horas, los presentes podrán disfrutar con la actuación del grupo Terapia de Grupo.

A las 00.00 horas se clausurará la feria.

Durante estas jornadas habrá hinchables y talleres gratuitos para los más pequeños.

- Publicidade -spot_img