Inicio Baixo Miño A Guarda O 'I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Miño' concentrará na...

O ‘I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Miño’ concentrará na Guarda e Caminha representantes de máis de 50 empresas

O 'I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Miño' concentrará na Guarda e Caminha representantes de máis de 50 empresasO evento forma parte do proxecto europeo Visit Rio Minho de preservación e promoción do territorio transfronteirizo

O ‘I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Miño’ concentrará esta semana en A Guarda e Caminha a unhas cento cincuenta persoas, entre expertos e expertas e representantes de máis de 50 empresas, co obxectivo de pór en valor e promocionar os atractivos do territorio transfronteirizo e fortalecer a súa oferta turística, segundo deu a coñecer hoxe o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez. “Ao promocionar o Rio Minho de forma conxunta estamos gañando valor e conseguimos ofrecer un producto moito máis atractivo, nun só destino temos dous países con todas as súas riquezas”, engadiu o director do AECT Rio Minho. No acto de presentación do encontro, que se celebrou esta mañá no Monte de Santa Trega en A Guarda, participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o deputado de cooperación transfronteiriza, Uxío Benítez, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba e o vice presidente da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho,  Guillerme Lagido.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, felicitouse polo enorme esforzo das administracións públicas e o sector privado para lanzar unha iniciativa coma esta. “O I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía é o inicio de algo moito máis grande, ir constuíndo este destino que é a marca Rio Minho”, destacou a presidenta.

O evento forma parte do proxecto europeo Visit Rio Minho e esta é a primeira gran actividade da marca Rio Minho desde a súa presentación o pasado mes de abril. O obxectivo do encontro é viabilizar e modernizar a oferta turística do Miño transfronteirizo para poder atraer a un maior número de visitantes mediante a diversificación da oferta con produtos turísticos específicos do entorno.

Programa

O 17 de outubro o Centro Cultural de A Guarda acollerá o I Congreso de Turístico do Rio Minho, dirixido a profesionais do sector do turismo, xa sexa do ámbito empresarial como da administración pública. Durante a sesión de mañá haberá tres mesas temáticas sobre: creación de marcas, marketing dixital aplicado ás empresas turísticas e institucións públicas e casos exitosos de turismo transfronteirizo. A sesión de tarde estará centrada na creación de alianzas ente o sector, e ás 17:00 horas as e os participantes dividiranse en varios grupos de traballo para recibir unha formación práctica sobre a creación de paquetes turísticos.

Por outra banda, a gastronomía será a protagonista do día 18 en Caminha coa ‘I Xornada Gastronómica do Rio Minho’. O evento desenvolverase no Museo Municipal de Caminha e os seus exteriores, se a climatoloxía o permite. A cita comezará ás 11:30h (hora galega) cun debate sobre gastronomía e turismo no que participarán os dous  prestixiosos chefs Alberto González Prelcic, do Grupo Nove, e o seu colega portugués, Álvaro Costa. A continuación terá lugar un Showcooking dirixido exclusivamente a profesionais do sector no que se elaborarán novidosas receitas a partir de produtos do territorio. Xa pola tarde, as actividades estarán dirixidas ao público xeral e haberá catas de viños e cervexas e microcharlas sobre diferentes temas relacionados coa gastronomía e a industria vitivinícola.

Inscricións

Para participar no encontro é imprescindible inscribirse, de xeito gratuíto, a través da web www.encontroriominho.eu. Os aforos do congreso turístico e do showcooking do día 18 son limitados e destinados a profesionais polo que se aceptarán inscricións ata o límite de prazas. O resto de actividades están orientadas a todo o público pero tamén se recomenda a inscrición.

O proxecto Visit Rio Minho, está confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O seu obxectivo é a capitalización da marca Río Minho a través de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados á promoción e comunicación do río como destino ecoturístico.

Son socios de Visit Rio Minho a Deputación de Pontevedra (socio principal), a AECT Rio Minho, o Centro Tecnolóxico do Mar – CETMAR, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho – CIM Alto Minho, o Centro de Estudios Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal (FCEER), a Universidade de Vigo e os concellos de Vila Nova de Cerveira, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura e Valença.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies