spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO GES da Guarda conta con novo material para a loita contra...

O GES da Guarda conta con novo material para a loita contra a vespa velutina

O GES da Guarda conta con novo material para a loita contra a vespa velutinaO Grupo de Emerxencias Supramunicipal GES da Guarda ven de recibir, por parte de Medio Rural da Xunta de Galicia, novos equipamentos para a loita contra a vespa velutina.

Miguel Fernández, encargado da Concellería de Emerxencias, manifestou que “deste xeito renovase o equipamento do que xa dispoñía o GES da Guarda, garantido a seguridade do persoal, cuns equipos de traballo axeitados e eficaces para este tipo de incidencias”.

O tenente-alcalde da Guarda, Anxo Baz, realizou a entrega do novo material na base do GES da Guarda na Sangriña o pasado martes e adiantou que, tralas xestións feitas nos últimos meses que deron ca adquisición da moto acuática a e deste equipamento, está a espera da renovación do parque móbil cun novo camión de bombeiros, que se fará efectiva nas próximas semanas

Neste senso o GES da Guarda, dende o programa control velutina, a través do 012, leva xestionado aproximadamente un total de 370 incidencias dende o 11/06/2016 ao 11/09/2019.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.