spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Festival "Foclore no Camiño" chega á Guarda

O Festival “Foclore no Camiño” chega á Guarda

O Festival "Foclore no Camiño" chega á GuardaO vindeiro sábado día 5 de outubro ás 20:00h o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle “Folclore no Camiño”, un Festival do Patrimonio Inmaterial do Camiño de Santiago Portugués da Costa.

Este festival está organizado pola Asociación Cultural Interfolc, que organiza, desde o ano 1994, o Festival Folclórico Internacional de Vigo, no que se dá cabida a diferentes culturas e ofrécese unha oferta cultural que ata a data non existía en Vigo. A experiencia acumulada ao longo destes 25 anos facilita a organización dun festival inédito: Folclore no Camiño.

Unha experiencia que pon en valor o patrimonio inmaterial das poboacións polas que transcorre o Camiño de Santiago portugués pola costa.

A Asociación Cultural Interfolc de Vigo está formada pola Asociación Folclórica Corisco, a Agrupación Lembranzas Galegas e a Banda de Gaitas Xarabal.

No evento deste sábado na Guarda participarán a A.F. Lembranzas Galegas (Vigo), a A.F. Vento Mareiro (A Guarda), o G.B. Xamaraina (A Guarda) e a G.E. Areosa (Viana do Castelo).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.