A convocatoria de subvencións para o ano 2021 cara a innovación no sector pesqueiro destinará mais de 750.000 euros para proxectos na área do GALP Ría de Vigo-A Guarda.
O obxectivo destas axudas é mellorar a competitividade das pemes, crear emprego e fomentar a innovación en todas as fases da cadea de suministro.
A subvención pode ascender ao 80% do importe do proxecto presentado se están vinculadas coa pesca costeira artesanal.
As empresas que poden benefi ciarse destas axudas deben ser pemes con domicilio social e fiscal en Baiona, Nigrán, A Guarda, O Rosal, Oia, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior e Redondela. Tamén poden optar a estas axudas as empresas de Vigo que pertenzan ao sector pesqueiro.
Con respecto ao proxecto de investimento, poden estar destinados á transformación, elaborado e envasado de produtos do mar, novas tecnoloxías nos procesos de comercialización e mellora da imaxe dos produtos pesqueiros, incluíndo empresas de nova creación. Só se poderá optar á subvención se o proxecto levase a cabo despois de presentar a solicitude.
O prazo está aberto ata o próximo 1 de marzo de 2021 e desde o GALP fan un chamamento a todas as posibles empresas beneficiarias, no soamente do sector pesqueiro, sempre que teñan vinculación co mar. Para esta modalidade, o GALP conta con
250.000 euros, o que fai un total de 1.000.000 de euros destinados a proxectos innovadores da área.
GALP
Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) foron creados en 2016 e son entidades colaboradoras da Consellería do Mar que cada ano xestionan axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca para proxectos produtivos e non produtivos ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo. A sustentabilidade, a conservación e promoción do Patrimonio Cultural Marítimo, así como a aposta por un desenvolvemento
urbano e turístico sostible son algúns dos principios que rexen as súas accións. Os proxectos que opten ás subvencións tamén deberán cumprir con estes criterios,
así como co de Igualdade de Xénero