Inicio Alto Minho O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a XX Noite...

O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a XX Noite Internacional do Miño

O folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a XX Noite Internacional do MiñoO folclore de México, Guinea Bissau e Serbia protagonizará a vixésima edición da Noite Internacional do Miño. A cita será o próximo martes, 23 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns. Este evento está organizado pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui, a Comunidade de Montes en Man Común de Rebordáns e a Deputación de Pontevedra. 

Dende hai dúas décadas este evento convértese cada ano nun escaparate do folclore máis internacional a través de grupo de Europa, América, África, Asia e Oceanía, que teñen participado en cada edición.  O público ateiga anualmente o recinto do Parque do Laxal para gozar dun evento de gran colorido e cheo de diferentes ritmos tradicionais, todo nun escenario presidido por unha lúa tocando a gaita, a imaxe desta Noite Internacional.

Nesta ocasión serán o Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bissau, Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia e Compañía Nacional de Danza Folclórica de México os que nos acheguen o seu folclore.

O Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bissau naceu no ano 2000 co obxectivo de crear un ambiente de integración sociocultural para os cativos e a mocidade do barrio de Bandim nun contexto de posguerra empregando coma vehículo para conseguilo a música, o teatro e a danza. Ao tempo buscan tamén pór en valor e divulgar o patrimonio cultural de Guinea.

O Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia foi fundado en 1986 por Dejan Simeonovski. Dende entón nos seus espectáculos presenta a riqueza do folclore serbio mesturando a arte coa vitalidade do pobo serbio. Os seus traxes, bailes e música destacan pola súa autenticidade, beleza e variedade.

A Compañía Nacional de Danza Folclórica de México creouse en 1975 achegando dende entón nos seus espectáculos por Europa e América a riqueza e colorido do folclore mexicano.

XX Noite Internacional do Miño

  • Data: Martes, 23 de xullo, ás 21.30 h
  • Lugar: no parque do Laxal en Rebordáns
  • Participantes:
    • Grupo Cultural Netos de Bamdin de Guinea Bissau
    • Folk Ballet Ensemble Simyonov de Serbia
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies