spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraO folclore a e música popular galega serán protagonistas dunha nova edición...

O folclore a e música popular galega serán protagonistas dunha nova edición do Concerto de Aninovo no Concello de Pontevedra

O folcrore a e música popular galega serán protagonistas dunha nova edición do Concerto de Aninovo no Concello de PontevedraSerá dan da Orquestra Sinfónica de Pontevedra, a Agrupación Folclórica Tequexetéldere de A Estrada e o solista Suso Vaamonde

Revista COUSAS DE Nº15

O concerto, que terá lugar como é habitual o 1 de xaneiro ás 19:30h no Auditorio do Pazo da Cultura contará con dirección feminina a cargo de de Isabel Rubio

Simón Couceiro e Juan Lois Diéguez son os reponsables de composicións e diferentes arranxos dentro do programa no que avanzan novidades con pegada “galego-vienesa”

As entradas para o evento están xa á venda en Ataquilla.com a prezos de 10, 12 e 15€

O Concello promove a compra de actividades e experiencias músico-culturais coa campaña Agasalla Cultura da que tamén forman parte o espectáculo teatral Nueva York en un poeta de Alberto San Juan o 21 de xaneiro e o concerto de Nacho Vegas o 27 de xaneiro, con presentación previa do libro  Hey! de Hans Laguna a cargo do propio músico e a xornalista Chus Gómez Dorrego

A concelleira Carme Fouces presentaba esta mañá unha nova edición do tradicional Concerto de Aninovo a cargo da Orquestra Sinfónica de Pontevedra  (ata hai pouco coñecida como Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra que terá lugar como vén sendo habitual o propio día de aninovo, 1 de xaneiro, ás 19:30h. no Auditorio do Pazo da Cultura.

Facíao acompañada por Judith Rey, presidenta da Sinfónica de Pontevedra, encargada de  organizar dende hai anos este concerto que conta en cada edición cuns colaboradores especiais – que serán desta volta a  Agrupación Folclórica estradanse Tequexetéldere (representada por Kike Vázquez na rolda) e o solista Suso Vaamonde.

Fouces salienteu o traballo que a Orquestra Sinfónica fai cada ano porque “son un elenco musical que é un orgullo para esta cidade poder disfrutar del, de rapaces e rapazas e músicos excepcionais e ademáis moi bos olleadores por que cada ano escollen uns convidados especiais como foi o Ballet de Galicia ou o músico Abraham Cupeiro antes de ter a sona que ten e de estar onde está. Este ano contarán con Suso Vaamonde e Tequexetéldere e vai ser coma sempre un espectáculo cultural de primeira magnitude que pouco ten que envexar a Viena. Convido a todo o mundo a que se achegue. É a desculpa perfecta para escapar das sobremesas eternas do destas datas, os empachos, as discusións políticas, e é tamén un agasallo perfecto a un prezo estupendo nestes tempos nos que a xente xa ten de todo”.

Na súa quenda de intervención Judith lembrou a dinámica da Orquestra e da organización deste importante evento, no que “temos por constume incluir asociación culturais de diversa índole e que este ano serán Asocialción folclórico- tradicional Tequexetéldere de A Estrada (algo complicado de pronunciar pero que sona a alegría) e como solista Suso Vaamonde. Teremos unha primeira parte con música galega sempre presente nos nosos concertos e seremos máis de 80 persoas enriba do escenario e unha segunda parte para a que temos algunha sorpresa e anosa pegada vienesa coa familia Strauss, pero este ano será unha pegada galego-vienesa grazas está Juan Lois que adaptou os valses e polcas para a nosa orquestra e para poder meter os instrumentos tradicionais e as sorpresas e aí é onde entra Suso, que nos vai soprender. Quero salientar antes de rematar que levabamos varios anos intentándoo e finalmente este ano a nosa directora convidada é unha muller, Isabel Rubio, directora murciana. É moi difícil atopar unha directora de orquestra muller,”

Por alusións Suso Vaamonde tomou a palabra para desvelar que “as sospresas van a ser para Pontevedra, porque por sorte xa experimentamos esta simbioses de músicas galego-clásicas, de feito fixeramos xa un traballo que se chama Clásicos á galega que reflicte melodías moi coñecidas da música clásica interpretadas con instrumentos galegos. Gozaremos de melodías dese mundo clásico interpretadas por zanfona, gaita, charrasco, ocarinas, etc. que non deixan de ser un achegamento humorístico – por unha parte, no sentido musical – a dicir que por algo son clásicos e se nons pegaron a todos e por iso os recoñecemos e por outra parte, identitarios como para dicir que tamén se poden tocar con outros instrumentos que non sean os clásicos da orquestra e así facelos o máis próximos a todos nós. Nós fixemos así pero seguramente en Euskadi ou Namibi, puideran facer o mesmo cos seus instrumentos tradicionais. Tratatase un pouco dende o punto de vista do humor e do respecto, conectar esas dúas realidades musicais: a tradicional de cada sitio on esa música clásica que nos impregnou sempre. Para min é un placer, é a primeira vez  na miña vida que comezo o ano tocando. É o meu primeiro concerto de Aninovo que vou facer é estou encantado”

Quique Vázquez de Tequexetéldere sumouse s Suso alegando que “para nós tamén é o primeiro ano que empezamos a xira tan cedo. Agradecemos esta experiencia e a Orquestra que nos convidara a participar”. Quixo destacar a figura de Simón Couceiro xa que “foi el quen adaptou as nosas pezas á banda e a Orquestra Sinfónica. Non deixa de ser un repertorio tradicional de pezas recollidas por Tequexetéldere adaptadas neste caso a Orquestra. Comezaremos cunha Obertura que foi agasallo de Simón polo noso 25 aniversario e logo adaptou 6 temas tradicioais recollidos por nós, tanto de baile como instrumentais, para a Orquestra. É unha gozada para calqueira organización folclórica que normalmente estamos acostumados  a bailar e tocas cun grupo moi reducido de músicos, verte arroupado neste caso por  50 músicos máis que te levan en volandas á hora de bailar. Agardamos que guste e que todo o mundo veña.

As entradas para o evento están xa á venda en Ataquilla.com a prezos de 10, 12 e 15€ e de non esgotarse, unha hora antes na billeteira do Auditorio.

Agasalla Cultura

A concelleira Carme Fouces aproveitou a cita para lanzar a campaña #AgasallaCultura para promover que “nestes tempos nos que a xente xa ten de todo, en vez de mercar cousas materiais que logo rematan en Wallapop, merquemos e agasallemos experiencias músico-culturais. Un concertó, unha obra de teatro iso é algo que lle chega ao corazón a calquera. É unha compra menos material, feira con pensamento amore e ilusión e ademáis a moi bo prezo”

A maiores do concerto de Aninovo, presentado hoxe, Fouces quixo lembrar outros eventos próximos e con prezos populares ideais como agasallo como o espectáculo teatral Nueva York en un poeta de Alberto San Juan o 21 de xaneiro e o concerto de Nacho Vegas o 27 de xaneiro, con presentación previa ás 19:30h. do libro  Hey! de Hans Laguna a cargo do propio músico e a xornalista Chus Gómez Dorrego.

- Publicidade -spot_img