spot_img
InicioVal MiñorNigránO Festival 'Solpor Monteferro' consolídase cunha asistencia record de preto de 5.000...

O Festival ‘Solpor Monteferro’ consolídase cunha asistencia record de preto de 5.000 persoas

O Festival 'Solpor Monteferro' consolídase cunha asistencia record de preto de 5.000 persoasMaría Yfeu e The Mirror reuniron o venres a case 2.000 persoas, superándose esa cifra o sábado con Mon Band, Gain Over e o grupo liderado por ‘Manquiña’ Fabulosos Weekend

O festival ‘Solpor Monteferro’ organizado polo Concello de Nigrán consolídase como un dos máis señeiros no municipio tras reunir este venres 5 e sábado 6 a preto de 5.000 persoas neste increíble miradoiro, á tardiña, e coa música dalgúns dos mellores grupos da comarca. Neste enclave único tivo lugar a terceira edición (a máis multitudinaria ata agora) con María Yfeu e The Mirror o venres e Mon Band, Gain Over e Fabulosos Weekend (grupo liderado polo actor Manuel Manquiña) o sábado.

‘Solpor’ confírmase así coma un dos festivais máis singulares de Galicia e que máis expectación xenera. Organizado nun espazo protexido, o máximo respecto medioambiental reinou durante os dous días e seguirá a ser unha prioridade para o Concello de Nigrán. Un ano máis, cumplíuse o obxectivo de gozar da música ao aire libre nunha contorna privilexiada, nun palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios, un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.