·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaVigoO festival de Cine Inclusivo inclúe unha sesión de curtas con valores...

O festival de Cine Inclusivo inclúe unha sesión de curtas con valores para a cativada

O festival de Cine Inclusivo inclúe unha sesión de curtas con valores para a cativada
Roberto( Carmen Córdoba González)

Proxectaranse 8 curtas que pretenden inculcar valores positivos como a conciencia medioambiental, a tolerancia ou o traballo en equipo.

No seu afán de achegar a sétima arte a todo s os públicos a sexta edición do Festival de Cine Inclusivo incorpora unha sección familiar na programación deste ano. O evento cinematográfico que terá lugar na nosa cidade do 12 ao 16 de outubro quere sementar nos pequenos da casa o interese polo audiovisual cunha proxección de curtas que se desenvolverá o sábado 16 no Museo MARCO.

En total proxectaranse oito curtas nas que se tratan temas tan variados como o respecto pola natureza e os animais, as desigualdades, os complexos ou os ciumes. Este minifestival de cine familiar nace co claro obxectivo de inculcar valores positivos nas crianzas como o traballo en equipo, a tolerancia, a conciencia medioambiental ou non discriminación.

Todas as proxeccións do Festival de Cine Inclusivo son gratuítas e o acceso realízase por orde de chegada ata completar o aforo. Esta sesión de curtas para público familiar desenvolverase no Museo MARCO o sábado 16 a partir das 12 do mediodía.

Curtas que se proxectarán:

Morgan, la orca valiente (Marcos Martín Muñoz)
Morgan, unha valente orca, tras sufrir un accidente perde a súa familia na inmensidade do océano. Na súa viaxe chea de desafíos e de aventuras coñece a novos amigos que lle axudan a atopar unha n ova familia e un novo fogar. Historia bas eada en feitos reais.

Nacer (Roberto Valle)

España, 1994. Carlos é un neno que descobre que vai ter un irmanciño. A noticia marabíllalle pero co paso dos meses todo cambia para el… Entón chega o día do parto e Carlos debe enfront arse a emocións que non coñecía.

Oddity (Anna Juesas García y Germán Chazarra Moreno)

En Oddity, un extravagante e destartalado circo, Tom preséntase ao casting da súa
vida. Está decidido a ser o próximo pianista, pero Irene e Irina non llo po rán fácil.
Señoras e señores, que comece o espectáculo!

Packing a wave (Edu Glez)

Unha moza náufraga chega en estado inconsciente ao que parece unha paradisíaca illa deserta. Tras espertarse, explora a illa e decátase de que é un vertedeiro

Reflejo (Juan Carlos Mostaza)

Clara é unha nena de 9 anos cunha visión distorsionada da realidade. Caerá nun pozo do que só poderá saír con esforzo e a axuda das persoas que a rodean.

Refugio (Juan Antonio Moreno)

Destiny non quere volver atrás e foxe coa axuda da súa amiga Paulina mentres todos dormen. No medio da noite, escapan do medo ata atopar o seu refuxio

Roberto (Carmen Córdoba González)

15 anos pasaron e Roberto segue namorad o da súa veciña, aínda que ela prefire esconderse avergoñada do seu corpo. Coa súa arte e unha vella corda de tender como única forma de comunicación, Roberto ten un plan para conseguir que a súa amada se enfronte aos s eus monstros dunha vez por todas.

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade