
Foi en Cambados, na sede da Fundación que le leva o nome do premio, onde foille entregado hoxe a Laureano Araujo, de mans da presidenta Susi Castro o Premio Plácido Castro de Tradución que na súa XIXª edición gabou a súa tradución de Schlump, Erwin: Homicidio, do escritor suizo Friedrich Glauser.
No acto participaron tamén o concelleiro de Cultura de Cambados, Constantino Cordal, o Secretario Xeral de Política Lingüistica, Valentín García, Xavier Senin, Xulio Ríos, así como veciños da localidade, familiares e amigos.

Conmemorando hoxe o Día Internacional da Tradución, Constantino Cordal, tamén padroeiro da Fundación, recordou os obxectivos do premio, que son os de “recoñecer o esforzo dos nosos tradutores e estimular a universalización da nosa lingua, destacando a importancia desta iniciativa na axenda da Fundación”.
Xavier Senín, en nome do xurado, destacou as “singularidades da obra e do labor tradutor do premiado, significando a importancia dada á contextualización e ao fornecemento ao lector de claves informativas e interpretativas precisas para unha mellor comprensión da obra”. Destacou tamén , que “mesmo é divertido e un aprende moito de como se vivía naqueles tempos”. “Ë unha obra que está dentro da Novela Negra”. Senin tamén lembrou a labor que se está facer dende fai anos, e que comezou Xulián Moure, recopilando obras clásicas traducidas ao galego, na actualidade con 220 títulos, e que podense ler o descargar directamente dende a web: BiVir.com. “Confiamos en que se poida continuar”
Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, destacou a “importancia da tradución para a normalización do noso sistema literario e cultural e alentou á Fundación a proseguir no seu labor”. García subliñou que o que facemos “é gabar ao autor non ao traductor”

O premiado, nacido en Suíza, agradeceu o galardón e nun empotivo discurso destacou o significado persoal do seu “volver” a Galicia, un reencontro anos andados no que a tradución desempeñou un atributo transcendental, que a maiores vese honrado agora con este recoñecemento.



